webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Mates
Índice
Introdución
Lonxitude
Superficie
 Ferrados por conc...
 Equivalencias fer...
Capacidade
Peso
Contaxe
Tempo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Medidas tradicionais galegas
Proxecto de recopilación de unidades de medida da cultura tradicional galegaedugaliza.org 17/10/2002
Capacidade
Nome Orixe Imaxe Equivalencia Medidas relacionadas
Cuartillo Un cuarto de litro, nas Rías Baixas parece ser que valía por medio litro      
Neto Equivalente a medio litro   2 cuartillos  
Azumbre Equivalente a dous litros      
Cuartilla Equivalente a catro litros   2 azumbres  
Canada De oito litros, nalgúns lugares cinco ou seis litros      
Cántaro ou ola

Medida de capacidade usada nos líquidos (viño, aceite,..)
Equivale a dezaseis litros.

  2 canadas 1 ola = 1 cabazo = 1 cántara = 1 arroa = 16 litros
Cabazo en Redondela o cabazo=20 litros. (Pero nos concellos limítrofes poden ser 16 ou 14 litros)
     
Cañado Equivalente a 40 litros   2 cabazos  
Moio Equivalente a dezaseis cántaros   16 cántaros  
Sella Que podía variar entre cinco, seis e ata quince litros
Cunca Dezaseisava parte dun ferrado      
Cuarto Cuarta parte dun ferrado   4 cuncas  
Esca Medio ferrado   2 cuartos  
Ferrado

Medida de capacidade empregada para medir áridos (gran). O nome provén do recipiente de madeira empregado como medida, de forma trapezoidal e cos cantos ferrados (reforzados con ferro).

 

2 escas

.Como medida de capacidade varía entre os 12 Kg e os 20 kg segundo a clase de gran.

A coincidencia no nome co ferrado de superficie parece deberse á coincidencia entre gran e terreo plantado (hai unha certa dúvida neste punto, facilmente resolta: facer equivaler o gran recolleito nunha extensión non é operativo xa que a produtividade é variábel ano a ano, en cambio si que podía haber certa constancia na cantidade de gran plantado en cada zona) .Un ferrado de centeo era a semente necesaria para unha extensión dun ferrado de terra. Isto tamén podería explicar a variabilidade da medida de superficie.
Fanega     En millo equivalía a cinco ferrados Probablemente ten a mesma explicación que o ferrado...


www.edugaliza.org