| Nome |
Orixe |
Imaxe |
Equivalencia |
Medidas relacionadas |
Outras pecularidades |
| Vara |
Tamén era empregada en Carnota como unidade de superficie |
|
Equivalía a 2 metros cuadrados. |
A vara lonxitudinal |
|
| Cuartillo |
O cuartillo era a vintecatroava parte do ferrado. |
|
A equivalencia co sistema métrico é variable, posto que era un divisor do ferrado, que como se ve abaixo, era unha medida distinta en cada zona ou concello. |
Á hora de pasar ferrados e cuartillos ao sistema métrico fixo falta establecer unha tabua de equivalencias e redondeos moi peculiares. Podes consultar a tabua de equivalencias entre ferrados, cuartillos e metros cuadrados usada no concello de Carnota |
|
| Ferrado |
Usada fundamentalmente na agricultura. Varía moito segundo as diferentes zonas do país. Como medida de superficie |
|
Anda ao redor dos 500 metros cuadrados, mellor consultar a tabua por concellos. |
Se queres ver as diferentes equivalencias por concellos, podes consultar unha tabua de equivalencias de ferrados e metros cuadrados por concello. Tamén recibe este nome unha medida de capacidade... |
Debido a que o pago que se facía tradicionalmente consistía nun ferrado de trigo ou millo, as escolas de aldea onde aprendían a ler e escribir rudimentariamente os nenos e nenas chamábanse escolas de ferrado |
| Fanega |
Empregábase para medir grandes extensións de terreo.
|
|
2.103 metros cuadrados. |
Na 'Historia de Galicia' cítase unha fanega formada por 12 copelos (usada en terras de regadío). As fanegas agrupábanse de 24 en 24, recibindo cada grupo un día de auga. |
De Carballiño hai un estudo feito sobre esta unidade, e outras máis empregadas nesa comarca. |
| Copelo |
Utilizábase na provincia de Ourense, aínda se usa hoxe na terra de Celanova |
|
21 metros cuadrados |
|
|