webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Mates
Índice
Introdución
Lonxitude
Superficie
 Ferrados por conc...
 Equivalencias fer...
Capacidade
Peso
Contaxe
Tempo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Medidas tradicionais galegas
Proxecto de recopilación de unidades de medida da cultura tradicional galegaedugaliza.org 17/10/2002
Lonxitude

Nome Orixe Imaxe Equivalencia Medidas relacionadas
Vara

Polo seu nome fai referencia a un obxecto de madeira ou pau empregado como medida.

En Redondela dicían que era a altura dun home co brazo levantado.
En zonas de cultivos téxtiles a vara era moi usada e equivalía a 1,24 mts.

3 pés
4cuartas
36 pulgadas

En Carnota tamén se empregaba como medida de superficie.

 

Pé ou Tercia Medida do pé 12 pulgadas  
Pulgada Medida do dedo pulgar dobrado Pulgada  Moi relativa A tradución a cm. e variable ao depender da lonxitude do dedo de cada persoa  
Furco Extensión desde o pulgar ao indicador Furco  Idéntica ao anterior  
Palmo ou cuarta Lonxitude desde o dedo meimiño ao pulgar Cuarta 9 pulgadas  
Braza Extensión dos brazos abertos. Usábase sobre todo no mar para medir cabos e por extensión, profundidades.    De novo a medida era variable pola dependencia das medidas da persoa que efectúa a medición  
Paso ou zancada Distancia entre os dous pés separados Paso  Idéntica á anterior.  
Milla Medida de lonxitude empregada no mundo do mar (quizá por este motivo estaba homologada para moitos países).   1852 metros Dela deriva unha unidade de velocidade, o nó (equivalente a unha milla por hora), o nome proviña dos nós das cordas empregadas para medir a velocidade dos barcos de vela.



www.edugaliza.org