| | Gráficas | | | Crea gráficas de barras, pirámides, circulares, climogramas, etc. | Fran Macías 19/10/2006 | Gráficas
| As gráficas permiten a interpretación de calquer elemento ou dato, e serven para analizar o comportamento dun proceso que se estiver a levar a cabo. Neste caso cunhas sinxelas aplicacións na rede poderás crear e imprimir gráficas de representación de datos, pirámides poboacionais, climogramas e calcular escalas. |
REPRESENTACIÓN DE DATOS
 |
Escribe o número de datos que queres representar ( de 2 a 6 ) e preme na flecha vermella, completa os cadros e representa os valores premendo nas iconas. Podes imprimir o resultado e crear catro tipos de gráficas: lineal, de barras, barras horizontais e circulares. |
CLIMOGRAMA
| Un climograma utilízase para representar os datos de temperatura e precipitacións dun lugar, ao longo do ano.
Mirando un climograma podemos saber se o clima dese lugar é seco ou húmido, se fai moita calor ou frío, etc. Para construir un climograma primeiro debes escribir os datos de temperatura e precipitacións, logo preme no botón REPRESENTAR, e xa tes o gráfico. |
 |
PIRÁMIDE DE POBOACIÓN
 |
A pirámide de poboación é a representación gráfica da distribución por idade e sexo da poboación. Algunhas veces tamén se coñece co nome de pirámide de idades
Gráficamente trátase dun dobre histograma de frecuencias e case sempre os grupos de idade da poboación masculina sitúanse á esquerda e os que representan a poboación feminina á dereita. |
ESCALA
| É a relacion entre as medidas reais e as que aparecen no plano. Aquí propoñemos 5 exercicios para resolver, medir en cm e -tendo en conta a escala- poñer a distancia real en metros. Ah! se hai decimais non te esquezas de empregar o punto (ex. 0.50 m) |
 |
|