webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Lingua
Índice
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolaresManolo Paz 22/8/2005
Complementos

Word é un programa comercial fabricado e distribuído por Microsoft. Como comentamos anteriormente trátase dun procesador de texto e non dun autoeditor ou maquetador de publicacións, pero ten características aproveitables para este traballo e conta coa vantaxe de existir con licencia legal en todos os centros educativos por formar parte do paquete de software enviado xunto cos ordenadores.

A única característica interesante que lle podemos engadir ao programa é a tradución parcial dos menús do programa ao galego.  Tanto windows como word non contan con tradución á nosa lingua por razóns comerciais nunca razonablemente explicadas, pero podemos de maneira fácil facer que o frontal de word (os menús de pantalla e pouco máis) aparezan en galego empregando unha macro (linguaxe de programación interna de word) desenrolada e distribuída gratuítamente por galego21.org

Haberá en primeiro lugar que descargar un arquivo desde galego21. Trátase dun arquivo executable .exe que haberá que executar a continuación. Este arquivo detecta a instalación de word e autoinstala a tradución dos textos de menú ao galego.


Clicando no botón instalar o proceso desenrólase automaticamente


O resultado final é que teremos os menús de word traducidos a galego, se ben nas caixas de diálogo e outras mensaxes seguirá aparecendo moito en castellano.

 



www.edugaliza.org