![]() |
|
|
Os escáneres son dispositivos conectábeis ao ordenador que permiten dixitalizar imaxes, é dicir, rastrear unha imaxe real (debuxo, fotografía, gráfico) que se coloca baixo unha tampa similar á das fotocopiadoras e convertir a súa apariencia en información procesábel polo ordenador. Esta operación pódese facer con distintos niveis de detalle e calidade. A precisión (e a calidade) dos escáneres mídese en ppp (puntos por pulgada), indicando esta medida a cantidade de puntos de imaxe que caben nunha pulgada. A maior cantidade deles, maior finura nos detalles que pode captar o dispositivo. Para traballar nunha publicación como a que pretendemos facer énos suficiente cunha resolución óptica entre 300ppp e 600ppp. É conveniente non fiarse nun dato que acostuman inserir os fabricantes, que é a chamada resolución por interpolación (isto é, que electronicamente se inseren puntos intercalados entre os que se rastrean na imaxe, promediando os valores dos adxacentes, dá un valor irreal da calidade do aparello, por canto non emprega información real para chegar a ese valor de resolución). No momento actual, case calquer escáner dos presentes no mercado dá suficiente calidade como para chegar a estes valores mínimos. Un tema relacionado coa operatividade destes dispositivos é a velocidade de traballo. Convén contar cun escáner o máis rápido posíbel. Tendo en conta que o volumen de material a escanear pode chegar a ser considerábel, a lentitude no procesamento do escaneado pode ralentizar moito o traballo de composición. A velocidade, aparte de cuestións tecnolóxicas dificilmente valorábeis por un usuario normal, depende do sistema de conexionado, é dicir, do tipo de cabo e de conector polo que o escáner envía os datos ao ordenador. Hai tres tipos.
O proceso de instalación en calquera dos tres casos é similar, aínda que con detalles específicos que deberían constar na documentación do fabricante do aparello. Basicamente consiste en conectar fisicamente o escáner co ordenador e instalar un programa controlador (driver) que permite que o ordenador poida acceder ao dispositivo e efectuar dixitalizacións. Os controladores de escáneres (e de cámaras de fotos dixitais) usan en xeral unha tecnoloxía estándar denominada TWAIN que permite que calquer programa capaz de empregar imaxes (editores de imaxes, procesadores de texto con capacidade de imaxe ou programas de maquetación) poidan importar un gráfico desde o escáner dunha maneira case tan sinxela como a importación dun arquivo de imaxe que figure no disco duro do ordenador.
Para usar o escáner desde calquera destes programas ou aplicacións haberá que empregar unha opción de menú que habitualmente se denomina IMPORTAR ou INSERIR na que haberá que especificar "desde ESCÁNER" ou "desde TWAIN" . Abriráse o controlador do escáner para, desde el, efectuar un proceso que acostuma constar de tres pasos:
|