webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Lingua
Índice
Introdución
Un pouco de teoría
 Tipografía
 Formatos de imaxe
O escáner
A impresora
O software
Deseño de formatos ...
 Complementos
 Imaxes
Maquetación
Acabado final
Utilidades
Imprimir páxina
 
Edición electrónica de revistas escolares
Utilización do ordenador na edición de revistas escolaresManolo Paz 22/8/2005
Introdución

En moitos centros de ensino edítanse publicacións de ámbito escolar ou multi-escolar que tradicionalmente se viñan editando con moito esforzo, paciencia e por procedimentos manuais.

No momento actual, en que a maior parte dos centros contan con equipamento informático, a revista escolar pode ser unha boa maneira de aproveitar os recursos existentes para facilitar o traballo e ao tempo dar uso axeitado aos equipos, de feito isto estase a facer, a maior parte das veces con escaseza de apoio ou de guía no traballo.

Aínda que a publicación vai seguir sendo un traballo fruto de considerábeis doses de esforzo e paciencia, o resultado final vai ter seguramente maior calidade. Estes apuntes son unha pequena axuda para organizar o traballo e uso dos equipos neste cometido.

Ao tempo queremos manifestar que estes apuntes son un desenrolo de material deseñado para o curso "Edición de revistas por ordenador", organizado polo CEFORE de Santiago durante o mes de Febreiro de 2003 e impartido no IES Lamas de Abade, e foron modificados e actualizados durante o desenrolo dun proxecto de Formación sobre edición de revista escolar no CEIP Juan Fernandez Latorre, asesorado polo CEFORE de A Coruña no ano 2005. 



www.edugaliza.org