|
Alteracións da Linguaxe Oral |
| Disfonía: |
alteración da voz en calquera das súas habilidades (intensidade, tono, timbre) debido a un trastorno orgánico ou a unha incorrecta utilización da voz. |
| Afonía |
ausencia da voz de forma temporal. |
| Dislalia |
trastorno na articulación dun ou varios fonemas por sustitución, omisión inserción ou distorsión do mesmo. Dentro das dislalias temos varios tipos atendendo ao fonema que afecte e á súa manifestación. |
| Disglosia |
trastorno da articulación fonemática por sustitución, omisión, distorsión ou inserción debido a lesións físicas ou malformacións nos órganos periféricos da fala. |
| Disartia |
trastorno na articulación debido a lesións no sistema nervioso central que afectan á articulación de todos os fonemas que interveñen na zona lesionada. |
| Disfemia |
alteración no ritmo da fala e da comunicación caracterizada por unha serie de repeticións ou bloqueos espasmódicos durante a emisión do discurso. |
Os exercicios plantexados a continuación son xenéricos poden valer para traballar con rapaces que teñen estes, ou outros, trastornos lingüísticos. Unha intervención eficaz para un caso concreto deberá contar co diagnóstico e intervención dun especialista en audición e linguaxe. |