A linguaxe é unha facultade exclusivamente humana que sirve para a representación, expresión e comunicación de pensamentos ou ideas mediante un sistema de símbolos. Estes símbolos poden ser emitidos de xeito oral ou gráfico. Nas escolas podemos atopar nenos que teñen problemas para expresarse claramente cando están falando.
Debemos ter presente que moitas destas dificultades teñen un carácter evolutivo e mellóranse a medida que os órganos fonadores se van desenvolvendo no seu crecemento habitual. Eso non é impedimento para que os mestres traballemos cos nosos alumnos de xeito individual para tratar de correxir estas situacións.
Neste traballo propoño unha pequena táboa onde se recollen os trastornos lingüísticos orais máis habituais, e tamén propoñemos unha serie de exercicios que nos poden valer para traballar na aula.
|