webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Lingua
Índice
Indice
Tarefa
Proceso
Recursos
Avaliación
Guía didáctica
Créditos
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
María Mariño
Webquest sobre María MariñoEster 10/1/2007
guía didáctica

Guía didáctica

Pensando na celebración das Letras Galegas no Centro, a WebQuest combina producións dixitais con producións en soportes materiais.

A exposición real poderá montarse nos corredores do centro e formar parte das acitividades que espeficamente se realicen para conmemorar a data sinalada.

OBXECTIVOS:

  • Afondar no coñecemento da vida e obra do persoeiro galardoado no día das Letras Galegas no ano 2007.
  • Aprender a usar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, nomeadamente a Internet, para buscar, elaborar e interpretar información.
  • Aprender a traballar de xeito cooperativo. Propiciar a responsabilidade individula e grupal na consecución dun obxectivo común.
  • Aprender a presentar traballos tanto oralmente como por escrito.

TEMPORALIZACIÓN:

  • Búsqueda, selección e procesamento da información por parte de cada membro (situarse no rol): 1 sesión de 1h.
  • Planificación do proceso de traballo, procesamento grupal da información, estruturación da tarefa a realizar (simulación do debate de expertos): 2 sesións de 1 hora.
  • Elaboración do material requerido: 6 sesións de 1 hora.
  • Preparación da presentación oral: 1 sesión de 1 hora.
  • Presentación oral: 1 sesión de 1 hora (axustable en función dos membros do grupo).
  • Montaxe da exposición no centro: 1 sesión de 1 hora.

MATERIAIS:

  • Aula de informática con conexión a internet.
  • Impresora.
  • Cartulinas, pegamento, rotuladores... (para montar a exposición).
  • Canón proxector (para realizar a presentación oral).

METODOLOXÍA:

Para un óptimo aproveitamento das dinámicas de WebQuest, é interesante aplicar estratexias propias da aprendizaxe cooperativa, pois unha WebQuet non é máis que unha forma posible de aprendizaxe cooperativa empregando as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Non podemos esperar que os nosos alumnos e alumnas saiban organizar e xestionar de forma espontánea un grupo de traballo con todo o que implica: planificación da tarefa, coordinación, xestión do material, procesos de toma de decisión... O ámbito do aprender a ser e aprender a convivir e as estratexias precisas para desenvolvelo deben formar parte dos obxectivos de calquera proceso de aprendizaxe.

As seguintes referencias poden sernos útiles á hora de traballar o desenvolvemento das habilidades cooperativas e de organizar as sesións de traballo grupal da WebQuest. Pensemos que neste proceso teremos que responder a preguntas aparentemente triviais pero claves para o desenvolvemento da tarefa como son o criterio de constitución dos grupos, estratexias de control e seguimento dos mesmos..., cuestións antes as cales os seguintes traballos poden axudarnos a posicionarnos:

Los grupos de aprendizaje cooperativo, una propuesta metodológica y de organización.

Principios didácticos, aprendizaje cooperativo y proceso de enseñanza

Datos da WebQuest:

·       Autora: Ester Vázquez Blanco.

·       Nivel Académico e curso ao que vai dirixida a WebQuest: 3º Ciclo de Primaria e 1º da ESO

·       Materia: Lingua galega, transversal.


Plantilla deseñada por José Mª González-Serna segundo o modelo de Bernie Dodge.
Este documento atópase baixo Licencia Creative Commons.


www.edugaliza.org