webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Lingua
Índice
Indice
Tarefa
Proceso
Recursos
Avaliación
Guía didáctica
Créditos
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
María Mariño
Webquest sobre María MariñoEster 10/1/2007
tarefa

Tarefa

Formas parte do grupo de expertos na vida e obra de María Mariño. Nese grupo está presente un literato, un historiador e un xornalista. Tedes que:

•  Deseñar unha proposta de exposición de cara a presentala ao museo para a súa aprobación. Debe ser en formato dixital e procederedes á súa exposición oral.

•  Elaborar a exposición para o museo (podedes pensar en cartulinas para realizar os diferentes paneis, recompilar fragmentos para crear algunha vitrina, zona de lectura...).

A exposición debe cubrir os seguintes apartados:

•  Contextualización histórica: en que momento viviu María Mariño, que acontecementos sociais, políticos... marcaron a súa vida.

•  Breve biografía da autora. Pensa que sempre resulta atractivo contar con detalles da infancia e xuventude.

•  Obras máis importantes, etapas e temáticas na súa obra... É interesante poder ofrecer imaxes das obras.

A proposta da exposición incluirá:

•  Estrutura.

•  Contidos que incluirá.

•  Aspectos materiais: soporte que empregará, espazo, distribución espacial.

 

 

 


 

Plantilla deseñada por José Mª González-Serna segundo o modelo de Bernie Dodge.
Este documento atópase baixo Licencia Creative Commons.


www.edugaliza.org