webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
     Praia
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
 
A praia
A praia como fonte de aprendizaxeLuís Teira 21/12/2002
A Praia

 

Afortunadamente no noso país seguen existindo, centros educativos de Educación Infantil que están moi preto de entornos educativamente aproveitables. .

 

Aínda que cremos que as novas tecnoloxías da comunicación son un elemento co que se debe traballar, o entorno debe seguir sendo un recurso de aprendizaxe de primeira magnitude.Un destes entornos que pode dar moito xogo na escola son as praias. Tema no que nós centraremos no presente traballo..

Unha saída a praia, por próxima que esta estea, débese preparar previamente. Debemos plantexarnos exactamente que é o que queremos que vexan os cativos.Tratando de evitar a situación de quitar aos rapaces da aula sen ter unha intencionalidade formativa clara. Evidentemente tamén indicaremos unhas normas previas aos rapaces: non saírse do grupo, non coller cousas punzantes, non se meter na auga, traer roupa de abrigo, botas,...

Para que poida ser de utilidade a visita á praia pódese facer cunha duración aproximada de 3 horas (unha mañan). Recomendo que esta se faga posteriormente a uns días de mal tempo e vento. Xa que estas condicións atmosféricas fan que o mar achegue moitas cousas á praia. A poder ser, a saída debería coincidir coa marea baixa co cal a praia sería moito máis ancha e aumentaría a posibilidade de atopar cousas interesantes.

Deberemos levar algunha bolsa de plástico para poder recoller obxectos que nos poidan interesar. Tamén sería bo levar con nós unha cámara de fotos para ter material gráfico co que traballar posteriormente na aula.

Nunha primeira aproximación podemos achegarnos e facer unha descrición do que estamos vendo: iso é o mar e é salgado, isto é area (esta está seca e aquela mollada), etc. Logo empezaremos a percorrer a praia e de seguro nos imos atopar restos de animáis, poderemos recoller as distintas conchas de animais que poidamos ir atopando. Isto de seguro lle gustará aos rapaces. A medida que as imos collendo podemos ir describindo a súa forma, á vez que os facemos conscientes das distintas texturas.

A colección de conchas que fagamos tamén nos poderá ser útil posteriormente na clase para traballar conceptos matemáticos como todo/nada , moito/pouco, un/ningún, etc. Mesmo se conseguimos facer unha ampla colección poderemos pintalas de distintas cores e traballar con elas a modo de regletas.

Algo que pode ser interesante comentar é a degradación que poden sufrir as praias debido áacción directa do home sobre este medio. Podemos aproveitar para falar das diferencias que hai entre os seres vivos e os seres inertes (por exemplo facendo a distinción entre gaivotas e envases de plástico). Mesmo poderemos recoller algún obxecto curioso, que estexa en bo estado, que o mar puidera botar á praia: botes que están noutros idiomas, pedras con formas curiosas debido á acción do mar, etc.

Por último recomendarvos que todas as cousas de interese que fagades durante a saída e que queirades publicar, en edugaliza.org atoparedes sitio para facelo.

   
 



www.edugaliza.org