| Experiencias de lingua escrita | | | Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivista | Manolo Gesto 29/4/2004 | O conto tradicional
O conto
Por suposto, non deberiamos esquecer un dos xeitos máis tradicionais de traballar coa escrita: confeccionar os propios contos.
Estes pódense facer, como xa sabemos, en diferentes formatos, de texto libre ou baseados en outros contos; non obstante, convén suliñar o seguinte: é moi importante que sexan os propios nenos e nenas quen ESCRIBAN coa súa propia grafía os textos. Logo pódese (covén estar moi atento) TRANSCRIBIR coa escritura convencional o producido, sen borrar nestes primeiros estadios, xa que se perdería totalmente a forza do documento orixinal.
Aquí tedes un exemplo, coa escritura dunha nena de catro anos e a transcripción inmediatamente debaixo, onde se observa que se atopa na etapa silábico-alfabética, e xa con valor convencional, como pode apreciarse.

|