webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
Imprimir

...os traballos importantes 

Evidentemente, o traballo realizado pode ser impreso e levado para a casa, a xeito de arquivo ou de caderno de traballo. 
As posibilidades son moi numerosas, pero, con todo, na miña opinión non nos debemos de esquecer de respetar a grafía propia dos nenos e nenas neses primeiros anos, ata cando escriban co ordenador. Só deste xeito teremos un auténtico documento, inmaculado, no que non obstante observarase os avances na construcción do coñecemento na lingua escrita por comparación con outros da mesma autoría realizados en épocas pasadas.
Iso non quere decir que conforme avanzan no seu desenvolvemento non se lles faga que confronten os escritos con outros mais desenvolvidos para que vaian descobrindo por sí mesmos as convencionalidades da lingua escrita. Ese aspecto quedará no proceso para momentos puntuais e para os anos finais da súa aprendizaxe.

O que obviamente, desde o noso punto de vista, segue sendo un erro, é pretender que criaturas tan pequenas, que se achan ao comezo da súa andadura, teñan a obriga de producir textos escritos acabados e perfectamente convencionais. Iso será o que apresenten, os textos corrixidos, pero xa non se trata do producido orixinalmente, senón dunha imitación máis ou menos conseguida do que diga o profesorado, e que pouco ou nada ten xa do seu verdadeiro autor.



www.edugaliza.org