webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
Ordenadores nas aulas

Unha ferramenta que se está mostrando como imprescindíbel é o ordenador. Como recurso multimedia non ten competencia posible, e case todos os nenos e nenas adórano. Este motivación deberíase aproveitar, xa que ten moitísimas máis posibilidades das que nunca tivo a televisión como recurso educativo. Na miña opinión debería formar parte obrigada das aulas de infantil, como ferramenta imprescindíbel para un fácil achegamento dos nenos e nenas ao mundo da escritura. E, como non podía ser doutro xeito, utilizando o teclado normal, igual que o dos adultos, ¡sen facer barbaridades como sustituírlle as letras por pegatinas ou modificarlle as maiúsculas por minúsculas!

Con el pódense facer centos de cousas, pero unha das máis importantes é , como non, escribir.
Comezarán desde moi pequenos co seu nome, para ir logo facendo o dos compañeiros, familiares, etc,
De aí pasarán a realizar cousas máis complexas, como por exemplo un DIARIO da escola, as noticias máis importantes, notas para casa, recadiños, invitacións, etc, etc.

Nesta imaxe conservo unha das primeiras sorpresas que levei ao ver como Mari, con 5 anos, que odiaba escribir nos soportes convencionais (follas, fichas, etc) facíao sen ningún medo na computadora. (A transcrición está escrita xusto debaixo da producción escrita orixinal na pantalla).



www.edugaliza.org