| | Experiencias de lingua escrita | | | Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivista | Manolo Gesto 29/4/2004 | Mandar notiñas
"Recadiños" ou "cartas"; quen non cazou algunha vez a alguén mandándose notiñas con pequenas mensaxes?. Eu mesmo recoñezo que hai uns cantos anos non sempre me facía gracia.
Pero, se reflexionamos un pouco sobre este aspecto podemos chegar rapidamente á conclusión de que eses textos que escriben son MOI significativos para eles, e que constitúen unha poderosa ferramenta motivadora que podemos aproveitar para a aprendizaxe da lingua escrita.
Un xeito de facelo é deixando á vista de todos un recuncho con anaquiños de papel (pode ser de refugallo ou máis elaborado, iso queda á elección de cadaquen) que poidan utilizar para comunicarse, entre eles ou connosco, en calquera momento. É moi importante facerlles ver que se trata dunha actividade de escritura, e que se a utilizan, non poderán falar connosco, xa que se estarán dirixindo por escrito, e só así lles prestaremos atención....
¡Podédesme crer que é unha experiencia extraordinaria e moi gratificante e sorprendente!
|

|
NEREA: PROFE: ¿DASNOS CLASE POLA NOITE, COAS LUCES APAGADAS?
PERO ASI NON VEMOS...
NEREA: PERO SI QUERES DISFRAZASTE DE FANTASMA E FASNOS MEDO. E DESPOIS NON DURMES. SI TAL E VAS TER PESADELOS NON, ¿POR QUE? CO MEDO EU NON TEÑO PESADELOS
MANOLO, ¿HOXE VES POLA TARDE? NON PODO, TEÑO UNHA REUNIÓN PORFA... ¿"PA" QUE? PA AXUDARNOS...
XA VOS AXUDA ELA, XA VERÁS (Enfadada, a outro neno): ¡AMADOR, SE NON CHE MANDAN "CARTAS", ESPABILA! | |