webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
Índice
Experiencias
 O noso nome
 Os aniversarios
 Responsabilidades
 A biblioteca de a...
 O conto tradicion...
 O conto creado
 Producións escrit...
 Reciclaxe de cont...
 As fotos de famil...
 Contar noticias
 Ler as noticias
 Debate de noticias
 As listas
 Mandar notiñas
 Ordenadores nas a...
 Imprimir
Utilidades
Imprimir páxina
 
Experiencias de lingua escrita
Algunhas actividades de aula desde o enfoque construtivistaManolo Gesto 29/4/2004
A biblioteca de aula
A Biblioteca: un lugar para escribir.

Un dos lugares máis significativos para escribir nunha escola está na biblioteca. 
Eses libros que se levan para a casa, que tanto gustan, cos títulos tan bonitos e con tantos tipos de letras diferentes...constitúen un dos recursos máis importantes e máis a man que teñen nenos e nenas para achegarse ao concepto da simboloxía convencional da lingua escrita.

¿Non deberiamos aproveitar, entón, estas ocasións para que do mesmo xeito que queren levalos, darlles a oportunidade de que cada quen escriba (ao seu xeito, cada vez mellor) o título, etc e leve un sinxelo rexistro dos libros que "lea"?

Aquí podemos ver un modelo, nun panel na parede, neste caso, pero tamén poderían facelo nunhas follas preparadas para iso ou en calquera outro lugar apropiado.
Con iso cumprimos dous obxectivos, que sexan os propios nenos e nenas quen se responsabilicen dos libros que levan e que escriban porque hai unha razón real para facelo.

 

REXISTRO DA BIBLIOTECA



www.edugaliza.org