webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
Índice do documento
Construtivismo
 Método lectoescri...
 Desviacións que n...
 Mitos dos métodos...
 Dogmas
 O significativo
 Ligazóns
Utilidades
Imprimir páxina
Comentarios
Ver comentarios
 
Construtivismo
Construtivismo nas aulas de EI e EP Manolo Gesto 7/10/2007   
Método lectoescritura

Simplificando moito, poderíamos dicir que o método é un xeito regrado, controlado, no que o binomio profesorado-alumnado segue, (e todos á vez sempre que se poida), unhas determinadas pautas establecidas para chegar a un fin concreto: neste caso, suponse que aprender a ler e escribir.

¿Quen non usou algún método na súa experiencia profesional? Na aprendizaxe da lingua escrita todos buscamos no seu momento o que mellor se adaptaba á nosa situación particular (ou eso críamos) na escola ou aula. Estos eran algúns deles:

Sintético, fonético, global, analítico, analítico-sintético...

Seguramente hai moitos máis, mesmo inventados por vós. Todos eles tiñan moitas cousas en común, e partían de unhas premisas prácticamente invariables; entre elas:

"Hai que utilizar a letra manuscrita encadenada (ligada) porque é moito máis doado para os nenos e nenas".

"Débense respectar os pasos do método" (ou sexa: non se deben traballar aqueles aspectos que "aínda non lles toque" ata que lles "chegue o momento".

"Empézase do máis sinxelo ao máis difícil, segundo a orde establecida no propio método. (p. ex: primeiro vocais, logo consonantes, logo sílabas, etc)".

Estes e outros dogmas constitúen unha especie de entramado do que é moi difícil saír, e que nos impide a maioría das veces pórse a pensar no que realmente un está facendo cando os utiliza.

¿Cal é o que utilizas ou utilizaches? ¿Que problema ou atranco lles vías?

  


www.edugaliza.org