webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Infantil
Índice
Construtivismo
 Método lectoescri...
 Desviacións que n...
 Mitos dos métodos...
 Dogmas
 O significativo
 Ligazóns
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Construtivismo
Construtivismo nas aulas de EI e EPManolo Gesto 7/10/2007
Mitos dos métodos de lectoescritura

Algún dos "mandamentos" aceptados por (case) todos:

  1. Sen método, non se pode aprender a ler e escribir ben.
  2. Apréndese a ler na escola, as interferencias externas (pais, nais, familiares...) prexudican á aprendizaxe.
  3. Hai que empezar polas vocais, porque son máis doadas, e ir pasiño a pasiño, do máis "sinxelo" ao máis "difícil".
  4. A letra de imprensa e as maiúsculas son moito máis difíciles, e déixanse para o final do 1º ciclo de primaria.
  5. É moito máis importante a forma (caligrafía) que o fondo (a mensaxe).

Máis mitos e dogmas

O que é fácil ou difícil, ¿quen o decidiu?

Hai certos dogmas que non se sabe moi ben como xurdiron e se converteron en artigos de fe:

  • A decisión de considerar unhas letras máis dificultosas que outras...
  • O establecemento de pasos previos innumerables antes de enfrentarse á escritura en si...
  • O feito de aceptarmos a nenos e nenas como meros receptores dos "coñecementos" que nós lle "impartíamos" e que asimilarían cando estivesen maduros...
  • A realización das pautas marcadas obligatorias, como pasos imprescindibles no proceso de aprendizaxe...
  • A aceptación da "madureza" como causa do retraso...

Poucas veces se nos ocorreu preguntarlles a eles que opinaban ao respecto.

Emilia Ferreiro e Ana Teberosky fixérono; e desde entón moreas de profesionais compróbano día a día. O resultado é, cando menos, sorprendente, e as máis das veces, gratificante.

Á vista de todo elo, podemos seguir facendo como sempre, como nos "aprenderon" a nós (como se nada soubéramos), ou actuar en consecuencia.



www.edugaliza.org