webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Estilo
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Cuestionario de estilos de aprendizaxe
Instrumento de avaliación de estilos de aprendizaxe Baltasar Ramos Gisbert 13/10/2002   
Cuestionario

  • Introdución

O Estilo de Aprendizaxe é o conxunto de aspectos que conforman a maneira de aprender dun alumno. As dimensións do estilo de aprendizaxe e motivación para aprender máis significativas para os alumnos con necesidades educativas especiais son as seguintes:

- En que condicións fisicoambientais (son, luz, temperatura, ubicación,..) traballa con maior comodidade.
- Cales son as súas respostas e as súas preferencias perante diferentes agrupamentos (gran grupo, pequeno grupo, traballo individual,...) para realizar as tarefas escolares.
- Áreas, contidos e tipo de actividades en que está máis interesado, se sinte máis cómodo, ten máis seguridade.
- Cal é o seu nivel de atención (en que momentos do día está máis atento, de que maneira podemos captar mellor a súa atención, canto tempo seguido pode centrarse nunha actividade,...).
- As estratexias que emprega para a resolución de tarefas: reflexivo/impulsivo, recursos que utiliza, tipo de erros máis frecuentes, ritmo de aprendizaxe.
- Que tipo de reforzos lle resultan máis positivos: a que tipo de reforzo resposta, se valora o seu propio esforzo, se se sinte satisfeito ante os seus traballos,...

A motivación para aprender é moi relevante nos alumnos con necesidades educativas especiais. Hay que tener en conta se:
- As tarefas lle provocan un reto interesante (si teñen en conta os coñecimentos previos do alumno).
- As tarefas están alonxadas das posibilidades actuais do alumno (frustración e desmotivación).
- As tarefas son repetitivas (non encontra ningunha dificultade a superar).


O presente cuestionario é un instrumento para avaliar o estilo de aprendizaxe e a motivación para aprender, para iso debe aportar tanto información descriptiva como explicativa. É preciso combinar a observación coas entrevistas, diarios de clase, cuestionarios abertos, guías de reflexión, etc.

CUESTIONARIO PARA A AVALIACIÓN DO ESTILO DE APRENDIZAXE.

Alumno/a: ____________________________________________________________

Grupo: __________________

Titor/a: ______________________________________________________________

Data: ________________________________________________________________


1. Motivación.

¿Enfróntase á tarefa con curiosidade e sen medo ao fracaso?
¿Aborrécese coas tarefas que domina?
¿Busca tarefas novas e problemáticas?
¿Orienta a actividade de compañeiros cando traballa en grupo?
¿Sente a tarefa como unha ameaza que evidencia as súas deficiencias?
¿Prefire realizar as tarefas fáciles que xa domina?
¿Sente o erro como un fracaso?
Para que acometa a tarefa, ¿é necesario ofrecerlle recompensas?
Para que acometa a tarefa, ¿é necesario lembrarlle que pode recibir algún castigo se non a realiza?
¿A que atribúe o éxito? (capacidade persoal, sorte, axuda...)
¿A que atribúe o fracaso? (Limitacións personais, mala sorte, falta de axuda...)
¿A que tipo de reforzadores é sensible? (Primarios, sociais, de actividade...)
¿Fai preguntas constantes sobre a bondade do seu traballo?

2. Proceso de atención

Perante a presentación de estímulos,
focaliza a atención sen dificuldades
non focaliza a atención
necesita axuda para focalizar a atención
¿Que axuda hai que prestar para que focalice a atención
¿Para que tipo de información focaliza máis a atención?
Se hai outras formas de presentación da información que beneficien a focalización de a atención, especifícalas:
¿Mantén a atención de forma continuada?
Aproximadamente, ¿canto tempo mantén a atención?
¿Comprende as instrucións para realizar a actividade?


3. Materiais

¿Que materiais prefire?
¿Que uso dá aos materiais?


4. Interaccións

¿Que tipo de interaccións establece cos compañeiros?
¿Que tipo de interacciones establece co educador/a?
¿Que tipo de interaccións establece cos outros adultos?




5. Xogo

Xogo no patio
Está pasivo e non sabe que facer
Ten tendencia a estar só/a
Acostuma xogar con outros compañeiros/as, integrándose no xogo de grupo.
Busca a compaña dos mestros/as
Molesta aos demáis sen integrarse nos xogos
Acostuma xogar sempre cos mesmos compañeiros
Xoga con nenos maiores
Xoga con nenos da súa idade
Xoga con nenos menores
Xogo libre na clase
Ten unha actitude pasiva e non sabe que facer
Solicita continuamente a atención do mestre/a
Inicia actividades autonomamente
Prefire xogar só
Prefire xogar con outros compañeiros
Molesta aos demáis sen chegar a desenvolver un xogo
Imita as actividades dos seus compañeiros
Cambia a miudo de actividade sen ter finalizado a anterior
Realiza actividades cunha duración relativamente longa
¿Que tipo de xogos prefire?
¿Cal é a súa actitude no xogo dirixido?


6. Agrupamento

¿Como é o seu rendimento e actitude en...
actividades de gran grupo?
actividades de grupo-clase?
actividades individuais?

  


www.edugaliza.org