|
Pois comezamos con material práctico para o uso diario na aula. De sempre os problemas de razoamento e cálculo son unha constante en tódolos niveis da escolarización obrigatoria.
O cálculo proposto nas series de cálculo mental do Quinzet desenvolve o cálculo e propón sistematicamente a utilización de estratexias globais para a resolución de problemas. Para este cálculo os alumnos non necesitarán os algoritmos tradicionais; pola contra se lles propoñen cantidades reducidas e situacións imaxinables por eles/as para desenvolver de forma persoal estratexias globais de aprendizaxe. As series agrúpanse da forma seguinte: Series 1, 2 e 3: axeitadas á Educación Infantil. Series 4, 5 e 6: axeitadas ao Primeiro Ciclo de Educación. Primaria.
Esta agrupación é soamente orientativa. O profesor/a valorará a serie axeitada ao seu grupo.
Ademais de executar a actividade, podes descargar un arquivo comprimido co Winzip para xogar no teu ordenador sen conexión a Internet, así como persoalizar as opcións de tempo, orde e amosar a resposta.
1º. Baixa o arquivo calculo.zip, calculo2.zip ou calculo3.zip e descomprímeo.
2º. Localiza o arquivo preguntas.f20, para editar co Bloc de Notas. É na terceira liña onde podes modificar ditas opcións <preguntas grupo="CÁLCULO 1" orde="1" tempo="10">, se queres que se vexa a resposta correcta tes que engadir mostrar"1", se queres que as preguntas aparezan sen orde pon valor cero (0) e o tempo en segundos que precises; por exemplo: preguntas grupo="CALCULO 1" mostrar"1" orde="0" tempo="35"
Así poís temos grazas a QUINZET un material precedido coa seguinte declaración de intencións: “Durante máis de quince anos moitas escolas experimentaron o tratamento do cálculo mental a partir de series graduadas propostas polo Quinzet. Este proxecto consiste nunha nova metodoloxía do tratamento do cálculo global a partir da proposta sistemática de series de coleccións de cinco problemas de cálculo mental, que o/a educador/a propón á clase dúas veces por semana como mínimo, e dunhas probas de diagnóstico que permiten avaliar o proceso de aprendizaxe e maduración dos alumnos. Neste libro atoparemos máis de 3800 problemas graduados para utilizalos a partir dos 3 anos ata o segundo ciclo de Educación Secundaria.“
Para acceder aos materiais en formato PDF, os centros enviarán un correo aos autores.
Se tes algún atranco ou queres axudarnos a completar esta sección con algún recurso, envía unha mensaxe a grupos (arroba) edugaliza.org.
|