webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
Índice do documento
Construtivismo
 Método lectoescri...
 Desviacións que n...
 Mitos dos métodos...
 Dogmas
 O significativo
 Ligazóns
Utilidades
Imprimir páxina
Comentarios
Ver comentarios
 
Construtivismo
Construtivismo nas aulas de EI e EP Manolo Gesto 7/10/2007   
Construtivismo

A aprendizaxe da lingua escrita. Nos últimos tempos a palabra construtivismo repítese dun xeito cada vez máis insistente no eido educativo. Se nos referimos ao noso traballo diario nas aulas de infantil e 1º ciclo de primaria, estariamos a falar dunha nova maneira de aprender a ler e escribir, mellor dito, de como se produce este feito que algúns consideran case máxico. Moitos mestres e mestras ávidos de experimentar con métodos novos apúntanse a esta nova moda, pero... ¿trátase realmente dun método?

Os métodos: ata agora, incuestionables Como primeira premisa, lembremos o que se entende por método. Hainos variados e de todas as cores, todos reivindican a súa bondade (e non digamos quen os publica).   Quen máis quen menos usounos algunha vez, pero atrévome a afirmar que todos tivemos en algún momento a sensación de estar encorsetados, de sentirnos de algunha maneira monicreques: seguir un método implica cumplir as normas establecidas polo mesmo, o que trae como consecuencia que o control sexa seu: libro de texto, caderno, actividades... Isto facía que consideráramos como "desviacións" (hoxe sabemos que non o son) as produccións escritas dos rapaces por fóra do método, considerándoas como pérdidas de tempo ou mesmo un impedimento no seu proceso de aprendizaxe.

As minúsculas e a grafomotricidade: Un dos "mandamentos" máis comúns a moitos deles é a conveniencia de comenzar polas letras minúsculas, chegando a seren personalizadas para tentar dotalas dunha significatividade que non teñen de seu, (con ligazóns ás que se lle chegan a pór brazos, pernas, etc), e comenzado casi sempre polas vocais, considerándoas máis "doadas" segúndo un criterio pouco menos que inmutable e indiscutible.

Acompañando a estas propostas soen ir os coñecidos "cadernos de grafomotricidade", cadernos de exercicios, etc, constituíndose en pasos previos considerados pouco menos que "indispensables" para a consecución do obxectivo final: "ensinar a ler e escribir".

O fracaso na aprendizaxe da lingua escrita: A pesares de todo, seguimos atopándonos invariablemente con nenos e nenas que "non aprenden" ou que se "desvían" das pautas establecidas nos mesmos.  Esta situación, que provoca irritación e desesperanza nos docentes ¿que non provocará nos cativos?. A explicación tan recurrente de que "aínda non están "maduros" pode funcionar durante un tempo, pero cando xa teñen arredor dos sete anos, ou máis...¿que nos queda? ¿a aula de apoio...?

Pero o construtivismo... ¿ non é tamén un método? Non, o construtivismo non é un método, xa que iso implicaría seguir as directrices marcadas pola propia definición da palabra, como xa vimos: leccións, cadernos, libros de texto, etc. Adoitase dicir que se trata de un enfoque, xa que considera a escritura na súa totalidade, como convención social e significativa, que é o que realmente atrae aos nenos e nenas; falamos, polo tanto do sistema de escritura.

Na nosa sociedade desenvolvida hai escritos por todas partes: rótulos, revistas, xornais, contos, etc, conforman unha paisaxe alfabética que forma parte do contorno e que non se debe (nin se pode) obviar. Próximamente veremos como toda esa información é procesada continuamente polos nenos e nenas, e como elaboran as súas propias hipóteses de como se escribe, cantas letras se precisan, o que se pode ler e o que non, e como van construindo coñecemento, aproximándose dun xeito que vos sorprenderá, como nos sorprendeu a todos. Tamén veremos as actividades que se poden realizar con eles coa axuda das novas tecnoloxías, entre outras.

Velaquí unha mostra de experiencias de aula

Aquí podes ver unhas ligazóns de interese   
 
Estamos a traballar nesta información, se queres podes colaborar, se coñeces máis sobre este tema, ou observas algunha imprecisión, fáinolo saber... Podes enviar un comentario ou unha aportación con datos novos a este artigo...
  


www.edugaliza.org