webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
Índice
Construtivismo
 Método lectoescri...
 Desviacións que n...
 Mitos dos métodos...
 Dogmas
 O significativo
 Ligazóns
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Construtivismo
Construtivismo nas aulas de EI e EPManolo Gesto 7/10/2007
O significativo

¿Que é significativo?

O que parece significativo para nós, como profesionais do ensino, pode non selo en absoluto para os nenos e as nenas.

Se os consideramos como seres pensantes, de seu, con autonomía para decidir o que lles importa e interesa, lembraremos episodios como os que seguen:

Cando preguntan, indo pola rúa ou no coche, "¿que pon aquí?" sinalando un rótulo, un anuncio, un logotipo...

Cando escoitan como lle lemos un conto, e logo cachámolos "facendo que len", cun libro na man...

Cando escriben nunha folla (¡ollo, ao seu xeito!), facendo a súa propia producción escrita, sin a nosa intervención... e logo animámolos dicíndolles "¡que ben che saíu!" (igual, igual que cando debuxan, ¿costará tanto traballo?)...

En fin, seguro que lembrades tamén aqueles casos que nos parecían inexplicables, como esa extraña e terca tendencia de algúns nenos por escribir coas maiúsculas, (e, claro, con tantas faltas de ortografía, que non tiñamos tempo para entender a mensaxe)...

O verdadeiramente significativo é...

...O poder de comunicación da escritura, a permanencia na mensaxe de eses símbolos estranos, a maxia da lectura e moitas outras cousas, iso é o verdadeiramente significativo para eles, pero non as copias sen sentido, seguir liñas de puntos, repetir letras soltas que... ¡non din nada!...



www.edugaliza.org