webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
Índice
Construtivismo
 Método lectoescri...
 Desviacións que n...
 Mitos dos métodos...
 Dogmas
 O significativo
 Ligazóns
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Construtivismo
Construtivismo nas aulas de EI e EPManolo Gesto 7/10/2007
Desviacións que non o son

Métodos de lectura e escritura: o que se considera "desviación":

Poida que todos lembremos algún episodio de como algúns cativos se empeñaban en escribir con maiúsculas, poñendo o seu nome con aquelas letras tan pouco caligráficas, e nós culpando na influencia familiar, a pesar de que nos aseguraban por canto había que non...

Ou esas criaturas de tres e catro anos que fan raias en zig-zag no canto de pórse a debuxar...(e din que están escribindo)

Ou tamén a "manía" de escribir as letras "ao revés", ou "en espello"...(que nos fai pensar seriamente en chamar a un psicólogo)...

...E que dicir das faltas de ortografía que teñen eses rapaces e rapazas de 5 a 7 anos...(seguimos máis pendientes da forma que da mensaxe, de se está ben escrito que de se comunica)

Investigar o que ocorre cos cativos fóra do método, observar que din, que contan, que pasa polas súas mentes; anotar as impresións e comentarios que fan cando elaboran as súas propias propostas de lectura e escritura, todo isto queda completamente vedado e apartado da nosa visión, facendo de nós meros instrumentos, simples intermediarios das editoriais que publican os métodos e toda a parafernalia que os acompaña: cadernos de grafomotricidade, pautas, "libro do profesor", etc., convertíndonos, en suma nunha sorte de escravos modernos, atados a un programa e unhas pautas que "funcionaron sempre, así que.. ¿por que non van funcionar agora?".



www.edugaliza.org