| | Construtivismo | | | Construtivismo nas aulas de EI e EP | Manolo Gesto 7/10/2007 | Construtivismo
|
A aprendizaxe da lingua escrita. Nos últimos tempos a palabra construtivismo repítese dun xeito cada vez máis insistente no eido educativo. Se nos referimos ao noso traballo diario nas aulas de infantil e 1º ciclo de primaria, estariamos a falar dunha nova maneira de aprender a ler e escribir, mellor dito, de como se produce este feito que algúns consideran case máxico. Moitos mestres e mestras ávidos de experimentar con métodos novos apúntanse a esta nova moda, pero... ¿trátase realmente dun método? |
|
|
Os métodos: ata agora, incuestionables Como primeira premisa, lembremos o que se entende por método. Hainos variados e de todas as cores, todos reivindican a súa bondade (e non digamos quen os publica). Quen máis quen menos usounos algunha vez, pero atrévome a afirmar que todos tivemos en algún momento a sensación de estar encorsetados, de sentirnos de algunha maneira monicreques: seguir un método implica cumplir as normas establecidas polo mesmo, o que trae como consecuencia que o control sexa seu: libro de texto, caderno, actividades... Isto facía que consideráramos como "desviacións" (hoxe sabemos que non o son) as produccións escritas dos rapaces por fóra do método, considerándoas como pérdidas de tempo ou mesmo un impedimento no seu proceso de aprendizaxe. |
|
|
As minúsculas e a grafomotricidade: Un dos "mandamentos" máis comúns a moitos deles é a conveniencia de comenzar polas letras minúsculas, chegando a seren personalizadas para tentar dotalas dunha significatividade que non teñen de seu, (con ligazóns ás que se lle chegan a pór brazos, pernas, etc), e comenzado casi sempre polas vocais, considerándoas máis "doadas" segúndo un criterio pouco menos que inmutable e indiscutible.
Acompañando a estas propostas soen ir os coñecidos "cadernos de grafomotricidade", cadernos de exercicios, etc, constituíndose en pasos previos considerados pouco menos que "indispensables" para a consecución do obxectivo final: "ensinar a ler e escribir". |
|
O fracaso na aprendizaxe da lingua escrita: A pesares de todo, seguimos atopándonos invariablemente con nenos e nenas que "non aprenden" ou que se "desvían" das pautas establecidas nos mesmos. Esta situación, que provoca irritación e desesperanza nos docentes ¿que non provocará nos cativos?. A explicación tan recurrente de que "aínda non están "maduros" pode funcionar durante un tempo, pero cando xa teñen arredor dos sete anos, ou máis...¿que nos queda? ¿a aula de apoio...? |
|
|
Pero o construtivismo... ¿ non é tamén un método? Non, o construtivismo non é un método, xa que iso implicaría seguir as directrices marcadas pola propia definición da palabra, como xa vimos: leccións, cadernos, libros de texto, etc. Adoitase dicir que se trata de un enfoque, xa que considera a escritura na súa totalidade, como convención social e significativa, que é o que realmente atrae aos nenos e nenas; falamos, polo tanto do sistema de escritura.
Na nosa sociedade desenvolvida hai escritos por todas partes: rótulos, revistas, xornais, contos, etc, conforman unha paisaxe alfabética que forma parte do contorno e que non se debe (nin se pode) obviar. Próximamente veremos como toda esa información é procesada continuamente polos nenos e nenas, e como elaboran as súas propias hipóteses de como se escribe, cantas letras se precisan, o que se pode ler e o que non, e como van construindo coñecemento, aproximándose dun xeito que vos sorprenderá, como nos sorprendeu a todos. Tamén veremos as actividades que se poden realizar con eles coa axuda das novas tecnoloxías, entre outras. |
|
Velaquí unha mostra de experiencias de aula
| |