|
|
|
|
A Axencia Espacial Europea - ESA.
En decembro de 1960 algúns países europeos occidentais deciden crear a European Space Research Organization (ESRO) , orientada á investigación con satélites artificiais.
En 1973 modifícase o funcionamento da ESRO e os países da Europa acordan crear a ESA. Atrás quedaba o lanzamento dos satélites ESRO I, ESRO II e HEOS A1, os primeiros, e a construción dos centros de control ESTEC en Holanda e ESOC en Darmstadt, Alemaña.
|
|
|
Actualmente a ESA realiza actividades de exploración espacial, investigación mediante satélites artificiales terrestres, lanzamento de cohetes Arianne e colaboración na construción da Estación Espacial Internacional.
Algunhas misións destacadas da Axencia Espacial Europea son a Huygens ( cápsula que descendeu sobre Titán ,lúa de Saturno ) , Mars Express ( órbita de Marte ), Giotto (primeira misión a un corpo do Sistema Solar, o cometa Halley )e Smart I (Lúa ) .
|
| |
|
 |
A misión SMART I ten como obxectivo situar unha nave orbitando a Lúa, pero tamén destacan outras probas e experimentos: o sistema de propulsión eléctrico, os sistemas de comunicacións e a conexión mediante láser cunha estación na Terra.
O futuro: está previsto que no ano 2014 a nave Rosetta deposite unha cápsula sobre o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, ata o momento a misión é un éxito. |
|
Smart I |
| | |