|
Espacio distante |
|
|
Xúpiter e Saturno.
As primeiras naves que sobrevoaron Xúpiter foron as Pioneer X e XI , enviadas polos Estados Unidos en 1972 e 1973. A Pioneer XII pasou cerca dos aneis de Saturno
En agosto e setembro de 1977 lánzanse as sondas Voyager I e Voyager II coa misión de observar Xúpiter e Saturno .
En 1995 chega a Xúpiter a sonda Galileo, despois dunha viaxe accidentada a causa dunha avería na antena principal. Galileo portaba unha cápsula que descendeu sobre o planeta e estivo activa durante unha hora, enviando datos sobre a composición de Xúpiter. |
|
Pioneer X |
|
|
|
Sonda Galileo |
|
Cassini
Proxecto conxunto NASA-ESA, co obxectivo de explorar Saturno e enviar unha cápsula (Huygens) o seu satélite Titán.
Cassini visitou Venus, a Terra, Xúpiter e finalmente Saturno, este percorrido foi necesario para acelerar a nave aproveitando a gravidade dos planetas.
Debido aos fallos de comunicación detectados entre Huygens e Cassini , foi preciso redeseñar a misión e cambiar a data de descenso sobre Titán. |
|
| |
Cassini |
|
O 14 de xaneiro de 2005 a cápsula Huygens pousouse sobre Titán, a lúa máis grande de Saturno, a case 1.200.000.000 km da Terra. Sen dúbida o maior éxito da Axencia Europea do Espacio, polo momento. |
|
|
|
|
Cápsula Huygens |
Fotografía da superficie de Titán |
|
|
Máis alá de Saturno.
Lanzadas en 1977, as sondas Voyager I e Voyager II percorreron ata este momento (2005) 11.000 e 14.000 millóns de kilómetros respectivamente. Actualmente a súa misión é estudar o límite de influencia do Sol e adentrarse no espacio interestelar.
Voyager 2 despois de pasar cerca de Saturno diríxese a Urano (1986 ) e Neptuno (1989) . |
|
Voyager |
|
|
Está previsto que as naves Voyager poidan resistir ata 2015, cando os seus RTG ( Xeneradores Termoeléctricos de Radioisótopos ) deixen de producir suficiente enerxía para manter os sistemas vitais das sondas.
Voyager I sobrepasou as Pioneer 10 e 11, convertíndose no obxecto artificial máis alonxado da Terra.
Coma dato anecdótico as sondas Pioneer e Voyager levan consigo unhas placas con información sobre a súa procedencia, características da Terra e a raza humana , músicas e sons . Todo coa fin de que se algunha civilización extraterrestre localiza estes obxectos poida guiarse cara o noso planeta. |
|
|
Actualmente a Nasa está preparando a misión New Horizons, co obxectivo de explorar Plutón e o cinto de Kuiper. Entón resolveremos a dúbida de considerar a Plutón un planeta do Sistema Solar ou un obxecto máis do cinto de Kuiper. | | |