webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio
  Aulas
    Ciencias


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Espacio cercano

Venus

O 27 de agosto de 1963 Estados Unidos lanza con éxito a primeira sonda cara Venus, o Mariner II. Comeza a exploración dos planetas.

A serie Venera soviética foi deseñada para descender sobre o planeta, aínda que debido ás extremas condicións da superficie non duraron moito, pero aportaron interesantes datos sobre temperatura, composición da atmósfera e densidade .

 
Cápsula Venera

Mercurio

O 29 de marzo de 1974 o Mariner X sitúase a 718 km de Mercurio. Nas tres pasadas dadas sobre o planeta fotografou unhas tres oitavas partes da superficie.

Actualmente diríxese cara Mercurio a sonda Messenger, está previsto que se sitúe en órbita deste planeta en 2011.

 
Mariner X
Messenger

Marte.

A Primeira sonda chegada a Marte foi o Mariner IV, o 14 de xullo de 1965 , posteriormente a nave Mariner IX consegue poñerse en órbita e fotografar o planeta con precisión, coas imaxes do Mariner IX comeza a desaparecer a idea dun mundo activo, con canles de auga e "marcianos" .

A primeira cápsula en tocar solo marciano foi un descendedor da sonda nodriza Mars III, en 1971.

O 20 de xullo de 1976 a cápsula Viking I descende suavemente sobre a superficie do planeta, unha semanas máis tarde faino a Viking II .

Un dos obxectivos máis interesantes do proyecto Viking era buscar presencia de vida marciana, aínda que fose na forma máis elemental, pero os resultados foron negativos.

Mariner IV
 
Mars III
Primeira imaxe enviada polo Viking I Lander

O 2 de xuño de 2.003 a Axencia Espacial Europea envía a primeira sonda a Marte, a Mars Express , cos obxectivos de orbitar o planeta e enviar un vehículo de descenso, o Beagle-2. Esta misión foi un éxito parcial, xa que a cápsula nunca enviou información desde a superficie de Marte.

 
Mars Express

Mellores resultados acadaron as misións da NASA Pathfinder, Mars Odyssey, Spirit e Opportunity .

O proyecto Pathfinder consegue situar sobre a superficie de Marte un vehículo de exploración dirixido desde a Terra. Máis tarde percorreron e analizaron o solo marciano os vehículos Spirit e Opportunity.

 
Microrover (Pathfinder )



www.edugaliza.org