webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio
  Aulas
    Ciencias


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Exploración do espacio

Bip Bip.... , o Spútnik chamando á Terra.

Todo comenza o 4 de outubro de 1957 cando por primeira vez a humanidade é capaz de poñer en órbita un satélite artificial, o Spútnik I. Case non se separa da Terra e hai momentos nos que toca o límite da atmósfera, pero a exploración espacial xa é unha realidade.

 

Bip Bip.... , Gagarin chamando á Terra.

O 12 de abril de 1961 Yuri Alexéievich Gagarin foi lanzado a bordo da nave Vostok I e regresou san e salvo á Terra, convertíndose no primeiro home que chegaba ao espacio.

En febreiro de 1962 os Estados Unidos emulan a proeza con John H. Glenn.

A primeira cosmonauta soviética en orbitar a Terra foi Valentina V. Tereskova, en 1963, vinte anos antes que a norteamericana Sally Ride.

Un pequeno paso para o home..........

O 2 de xaneiro de 1959 a URSS lanza a sonda Lunik I en dirección á Lúa, pero unha serie de erros fai imposíbel que chegue ao seu destino, convertíndose no primeiro obxecto artificial que orbita arredor do Sol.

Outros aparellos da serie Lunik tamén teñen éxitos: Lunik II consegue posarse na Lúa e o Lunik III móstranos por primeira vez a cara oculta do noso satélite natural.

Estados Unidos inicia a exploración da Lúa coas series Pioneer e Ranger.

Unha vez que os voos tripulados foron convertíndose en rutina, tráxica as veces, os científicos e posiblemente en maior medida os políticos, puxéronse a planificar a chegada do home á Lúa.

O 20 de xullo de 1969 Neil A. Amstrong foi o primeiro humano en pisar o noso satélite natural, era o cumprimento do obxectivo  do proxecto Apolo. Posteriormente os Apolo XI, XII, XIV, XV, XVI, XVII tamén conseguiron descender sobre a Lúa.

A URSS nunca enviou naves tripuladas ao noso satélite, somente vehículos autónomos de exploración que regresaron con mostras minerais.

   
Lunik I

 

Pioneer 5
Lunik III
Paseos lunares
 
 



www.edugaliza.org