|
Cometas |
 |
Os homes e mulleres primitivos xa coñecían os cometas. Os máis brillantes vense moi ben e non se asemellan a outros obxectos celestes.
Parecen manchas de luz, con frecuencia borrosas, que van deixando un rasto ou cabeleira. Isto fainos atractivos e arrodéaos de maxia e misterio.
Os cometas son corpos fráxiles e pequenos, de forma irregular, formados por unha mestura de substancias duras e gases conxelados. |
Polo xeral, a órbita dos cometas é moito máis alongada que a dos planetas. Nun extremo poden achegarse ao Sol e, noutro, afastalos máis aló da órbita de Plutón.
Cando un cometa se achega ao Sol e se quenta, os gases evapóranse, desprenden partículas sólidas e forman a cabeleira. Cando se volve a afastar, arrefecen e conxelánse os gases e vai desaparecendo a cola.
En cada visita perde materia. Ao final, só queda o núcleo rochoso. Crese que hai asteroides que son núcleos cometarios. |
 |
 |
Hai cometas con períodos orbitais curtos e, outros, longos. Hainos que non superan nunca a órbita de Xúpiter e outros que se afastan moito, ata abandonar o Sistema Solar e xa non volven máis.
A fotografía da esquerda é do cometa Kohouotek, que pasou perto da Terra en xaneiro de 1974. Foi detectado moi lonxe, cando atravesaba a órbita de Xúpiter.
O cometa Encke, de órbita curta, achégase cada tres anos e tres meses. Só pode observarse cun bo telescopio. En troca, o famoso Halley, que nos visita cada 76 anos, e o Rigollet, que o fai cada 156, son aínda máis brillantes. |
 Secuencia de imaxes do cometa 1993a Mueller
|
 O Halley fotografado pola nave Giotto en marzo de 1986.
|
 O cometa West, coas súas colas de plasma e po.
| | |