 |
Son unha serie de obxectos rochosos ou metálicos que orbitan ao redor do Sol, a maioría no cinto principal, entre Marte e Xúpiter.
Algúns, sen embargo, teñen órbitas que van máis aló de Saturno e outros achéganse máis ao Sol que á Terra. Algúns bateron contra o noso planeta. Cando entran na atmosfera a gran velocidade, prenden e transfórmanse en meteoritos.
Aos asteroides tamén lles chaman planetas menores. O maior é Ceres, con 1.000 km. de diámetro. Despois está Vesta e Pallas, con 525 km. Acháronse 16 que superan os 240 km., e moitos máis pequenos. Ida, na fotografía lateral, ten uns 115 km. de punta a cabo e Gaspra, abaixo, non chega aos 35. |