webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio
  Aulas
    Ciencias


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Plutón

Descubriuse en 1930, pero está tan lonxe que, polo momento, temos pouca información. É o único que aínda non foi visitado por unha nave terrestre.

En agosto de 2006 na Conferencia da Unión Astronómica Internacional (IAU) en Praga e tras votación, tomáronse seis novas resolucións sobre a "Definición dun planeta do Sistema Solar" e "Plutón", polo que este perdeu a súa condición de planeta e pasou a "planeta anano".

Oficialmente existen 8 planetas, aínda que o debate seguirá aberto.

Xeralmente, Plutón "era" o planeta máis afastado do Sol. Pero a súa órbita é moi excéntrica e, durante 20 dos 249 anos que tarda en facela, está máis próximo ao Sol que Neptuno.

A órbita de Plutón tamén é a máis inclinada, 17º. Por iso non hai perigo dun encontro con Neptuno. Cando as órbitas se cruzan fano perto dos extremos. En vertical, sepáraos unha distancia enorme.

Fixo a máxima aproximación en setembro de 1989 e seguiu na órbita de Neptuno ata marzo de 1999. Agora afástase e non volverá a cruzala ata setembro do 2226.

Plutón ten un satélite moi especial: Caronte. Mide 1.172 km. de diámetro e está a menos de 20.000 km. do planeta. Co tempo, a gravidade freou as súas rotacións e agora preséntanse sempre a mesma cara.

De feito, a rotación desta parella é única no Sistema Solar. Parece que estivesen unidos por una barra invisíbel e xirasen ao redor dun centro situado na barra, máis próximo a Plutón, que ten 7 veces máis masa que Caronte.

Pola súa densidade, Plutón parece feito de rochas e xelo. En cambio, o seu satélite é moito máis lixeiro. Esta diferencia fai pensar que se formaron separadamente e, despois, xuntáronse.

Plutón ten una atmosfera sutil, formada por nitróxeno, metano e monóxido de carbono, que se conxela e cae sobre a superficie a medida que se vai afastando do Sol. A NASA prepara a misión Plutón Express para que chegue a Plutón en 2008, antes da conxelación da atmosfera. Serán un par de naves pequenas e rápidas que pasarán a menos de 15.000 km. do planeta.

 

Datos sobre Plutón A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 1.160 km. 6.378 km.
Distancia media ao Sol 5.913.520.000 km. 149.600.000 km.
Día: período de rotación sobre o eixe 153 horas 23,93 horas
Año: órbita ao redor do Sol 248,54 anos 1 ano
Temperatura media superficial ? -230 º C * 15 º C
Gravidade superficial no ecuador 0,4 m/s2 9,78 m/s2
* A temperatura pode variar moito entre o punto da órbita máis próximo ó Sol e o máis afastado. A diferencia é de máis de 2.500 millóns de km.


Caronte e Plutón desde o Telescopio Espacial Hubble.

Fotos do Hubble que demostran a rotación de Plutón.



www.edugaliza.org