|
Neptuno |
 |
É o planeta máis exterior dos xigantes gasosos e o primeiro que foi descuberto gracias ás predicións matemáticas.
O interior é rocha fundida con auga, metano e amoníaco líquidos. O exterior é hidróxeno, helio, vapor de auga e metano, que lle dá a cor azul.
É un planeta dinámico, con manchas que lembran as tormentas de Xúpiter. A máis grande, chamada Gran Mancha Escura, tiña un tamaño semellante ó da Terra, pero en 1994 desapareceu e formouse outra.
Os ventos máis fortes de calquera planeta do Sistema Solar son os de Neptuno. Moitos deles ventean no sentido contrario ao de rotación. Perto da Gran Mancha Escura medíronse ventos de 2.000 km/h. |
A nave Voyager II achegouse a Neptuno no ano 1989 e tiroulle fotografías. Descubriu seis das oito lúas que ten e confirmou a existencia de aneis.
Neptuno ten un sistema de catro aneis estreitos, delgados e moi tenues, difíciles de distinguir cos telescopios terrestres. Formáronse a partir de partículas de po, arrancadas das lúas interiores polos impactos de meteoritos pequenos.
Na atmosfera de Neptuno chégase a temperaturas próximas ós 360 ºC baixo cero. As nubes, de metano conxelado, cambian con rapidez. A fotografía da dereita mostra os cambios que detectou o Voyager II nun período de só 18 horas.
A distancia que nos separa de Neptuno pódese entender mellor con dous datos: unha nave ten que facer unha viaxe de doce anos para chegar e, desde alí, as súas mensaxes tardan máis de catro horas en chegar á Terra. |
 |
| Datos sobre Neptuno |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
24.746 km. |
6.378 km. |
| Distancia media ao Sol |
4.504.300.000 km. |
149.600.000 km. |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
16,11 horas |
23,93 horas |
| Ano: órbita ao redor do Sol |
164,8 anos |
1 ano |
| Temperatura media superficial |
-200 º C |
15 º C |
| Gravidade superficial no ecuador |
11 m/s2 |
9,78 m/s2 |
As lúas de Neptuno
Desde Neptuno, o Sol está moi lonxe, 30 veces máis que a Terra, e só parece un puntiño moi brillante. Todos os demais planetas están entre el e máis o Sol, a distancias enormes, de maneira que non se ven.
Pero hai unha cousa máis. O 10 de outubro de 1846, menos de tres semanas despois do descubrimento de Neptuno, o astrónomo William Lassell descubriu que tiña un satélite, e brillaba máis que os dous satélites de Urano coñecidos daquela. |
 |
Tritón
Ten un diámetro de 2.700 km. e xira a 355.000 km. do planeta en pouco menos de 6 días. Dúas características fan que sexa especial: é o único satélite grande que xira en dirección contraria á rotación do seu planeta e é o obxecto do Sistema Solar onde se mediu a temperatura media máis fría, 235 ºC baixo cero. | | |