webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio
  Aulas
    Ciencias


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Urano

É o séptimo planeta desde o Sol e o terceiro máis grande do Sistema Solar. É tamén o primeiro que se descubriu cun telescopio.

A atmosfera de Urano está formada por hidróxeno, metano e outros hidrocarburos. O metano absorbe a luz vermella, por iso reflicte os tons azuis e verdes.

Urano está inclinado de xeito que o ecuador fai case un ángulo recto, 98 º, coa traxectoria da órbita. Isto fai que nalgúns momentos a parte máis quente, a orientada ao Sol, sexa un dos pólos.

A súa distancia ao Sol é o dobre que a de Saturno. Está tan lonxe que, desde Urano, o Sol parece unha estrela máis. Aínda que, moito máis brillante que as outras.

Urano, descuberto por William Herschel en 1781, é visíbel sen telescopio. Seguro que alguén o vira antes, pero a enorme distancia fai que brille pouco e se mova amodiño. Ademais, hai máis de 5.000 estrelas máis brillantes que el.

A inclinación sorprendente de Urano provoca un efecto curioso: o seu campo magnético inclínase 60 º en relación ó eixe e a cola ten forma de rizo, por mor da rotación do planeta.

En 1977 descubríronse os 9 primeiros aneis de Urano. En 1986, a visita da nave Voyager permitiu medir e fotografar os aneis, e descubrir dous novos.

Os aneis de Urano son distintos dos de Xúpiter e Saturno. O exterior, Epsilon está formado por grandes rochas de xeo e ten cor gris. Parece que hai outros aneis, ou fragmentos, non moi amplos, duns 50 metros.

 

Datos sobre Urano A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 25.559 km. 6.378 km.
Distancia media ao Sol 2.870.990.000 km. 149.600.000 km.
Dia: período de rotación sobre o eixe 17,9 horas 23,93 horas
Año: órbita ao redor do Sol 84,01 anos 1 ano
Temperatura media superficial -210 º C 15 º C
Gravidade superficial no ecuador 7,77 m/s2 9,78 m/s2

As lúas de Urano

No ceo de Urano non hai planetas brillantes. Saturno, o máis próximo, parece unha estrela esvaída (Saturno está tan lonxe de Urano como da Terra). Pero hai cinco obxectos que brillan máis que Saturno. Son as cinco lúas grandes. Ademais, hai outras 10 con diámetros por debaixo dos 170 km., que xiran próximas ao planeta entre os 25.000 e os 60.000 km. da superficie.

Titania

É a lúa máis grande de Urano, con 1.580 km. de diámetro. Está cuberta por pequenos cráteres e rochas moi rugosas, con fallas que indican que as forzas internas moldearon a súa superficie. A súa órbita pasa a 436.000 km. do centro de Urano. Dá unha volta cada 8 días e 17 horas.

Oberón

Caracterízase por unha superficie xelada, cuberta de cráteres, algúns dun tamaño considerable. Ten reflexos brillantes nalgúns lugares, igual que Calisto, a lúa de Xúpiter. O seu diámetro é de 1.523 km. e xira ao redor de Urano a unha distancia media de 582.600 km. en 13 días e 11 horas.

Outros satélites notábeis:
 

Umbriel

Diámetro: 1.170 km.
Distancia: 266.000 km.

 

Ariel

Diámetro: 1.156 km.
Distancia: 191.000 km.

 

Miranda

Diámetro: 480 km.
Distancia: 130.000 km.




www.edugaliza.org