|
Saturno |
 |
Saturno é o segundo planeta máis grande do Sistema Solar e o único con aneis visíbeis desde a Terra. Está moi achatado nos polos debido á rápida rotación.
A atmosfera é de hidróxeno, cun pouco de helio e metano. É o único planeta que ten unha densidade menor que a auga. Se encontrásemos un océano suficientemente grande, Saturno frotaría.
A cor amarela das nubes ten bandas doutras cores, como Xúpiter, pero non tan marcadas. Perto do ecuador o vento sopra a 500 km/h.
Os aneis danlle un aspecto moi bonito. Ten dous brillantes, A e B, e un máis suave, o C. Entre eles hai aberturas. A maior é a División de Cassini. |
Cada anel principal está formado por moitos aneis estreitos. A súa composición é dubidosa, pero sabemos que conteñen auga. Poderían ser icebergs ou bolas de neve, mesturadas con po.
En 1850, o astrónomo Edouard Roche estudaba o efecto da gravidade dos planetas sobre os seus satélites, e calculou que, calquera materia situada a menos de 2,44 veces o radio do planeta, non se podería aglutinar para formar un corpo, e, se xa estivese formado, tal corpo quebraría.
O anel interior de Saturno, C, está a 1,28 veces o radio, e o exterior, o A, a 2,27. Os dous están dentro do límite de Roche, pero a súa orixe aínda non está determinada. Coa materia que conteñen poderíase formar unha esfera dun tamaño semellante ó da Lúa. |
 |
| Datos sobre Saturno |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
60.268 km. |
6.378 km. |
| Distancia media ao Sol |
1.429.400.000 km. |
149.600.000 km. |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
10,23 horas |
23,93 horas |
| Ano: órbita ao redor do Sol |
29,46 anos |
1 ano |
| Temperatura media superficial |
-125 º C |
15 º C |
| Gravidade superficial non ecuador |
9,05 m/s2 |
9,78 m/s2 |
A lúas de Saturno
Saturno ten, oficialmente, 18 satélites. É o planeta que ten máis. As recentes observacións a través do Telescopio Espacial Hubble (HST) e as fotografías enviadas polo Voyager mostraron catro ou cinco corpos máis arredor do planeta que poderían ser novas lúas, pero isto aínda non está confirmado.
A densidade dos satélites de Saturno é moi baixa e, ademais, reflicten moita luz. Isto fai pensar que a materia máis abundante é a auga conxelada, case un 70%, e o resto son rochas. |
 |
Titán
É o satélite máis grande de Saturno e o segundo do Sistema Solar, cun diámetro de 5.150 km. Ten una atmosfera máis densa que a da Terra, formada por nitróxeno e hidrocarburos que lle dan unha cor laranxa. Vira ao redor do planeta a 1.222.000 km., en pouco menos de 16 días. |
 |
Rea
Ten 1.530 km. de diámetro e xira a 527.000 km. de Saturno cada catro días e medio. Ten un pequeno núcleo rochoso. O resto é un océano de auga xelada, con temperaturas que van dos 174 aos 220 ºC baixo cero. Os cráteres provocados polos meteoritos duran pouco, porque a auga volve a xelarse e bórraos. |
 |
Iapeto
É unha das lúas máis estrañas. Ten una densidade semellante á de Rea, pero o seu aspecto é moi diferente, porque ten unha cara escura e outra clara. A cara escura é, probabelmente, material dun vello meteorito. O seu diámetro é de 1.435 km. e vira moi lonxe, a 3.561.000 km. de Saturno en 79 días e un tercio. |
 |

Dione e Tetis
As outras dúas grandes lúas teñen órbitas próximas e tamaños similares. Dione, á esquerda, ten 1.120 km. de diámetro, mentres que Tetis, á dereita, ten 1.048. A primeira xira a 377.000 km. e a segunda a 295.000 km. | | |