webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca



Inicio
  Aulas
    Ciencias


O sistema solar
O Sol
Os planetas
  Mercurio
  Venus
  A Terra
    A Lúa
  Marte
  Xúpiter
  Saturno
  Urano
  Neptuno
  Plutón
Asteroides
Cometas
Meteoritos
A exploración
  Cercana
  Distante
  Outros
  Telescopios
  E.S.A.

Xúpiter

É o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os demais planetas xuntos e o seu volume é mil veces o da Terra.

Ten un tenue sistema de aneis, invisíbel desde a Terra. Tamén ten 16 satélites. Catro deles foron descubertos por Galileo en 1610. Era a primeira vez que alguén observaba o ceo cun telescopio.

Xúpiter ten unha composición semellante á do Sol, formada por hidróxeno, helio e pequenas cantidades de amoníaco, metano, vapor de auga e outros compostos.

A súa rotación é a máis rápida de todos os planetas e  ten unha atmosfera complexa, con nubes e  tempestades. Por iso  mostra franxas de diversas cores e algunhas manchas.

A Gran Mancha Vermella é unha tormenta, maior que o diámetro da Terra, que se mantén desde hai 300 anos e provoca ventos de 400 km/h.

Os aneis de Xúpiter son máis simples que os de Saturno. Están formados por partículas de po lanzadas cara o espacio cando os meteoritos baten coas lúas interiores.

Tanto os aneis como as lúas de Xúpiter móvense dentro dun  enorme globo de radiación atrapado na magnetosfera, o campo magnético do planeta.

Este enorme campo magnético, que só chega aos 3 a 7 millóns de quilómetros en dirección cara o Sol; exténdese  en dirección contraria máis de 750 millóns de km., ata chegar á órbita de Saturno.

 

Datos sobre Xúpiter A Terra
Tamaño: radio ecuatorial 71.492 km. 6.378 km.
Distancia media ao Sol 778.330.000 km. 149.600.000 km.
Día: período de rotación sobre o eixe 9,84 horas 23,93 horas
Ano: órbita ao redor do Sol 11,86 anos 1 ano
Temperatura media superficial -120 º C 15 º C
Gravidade superficial no ecuador 22,88 m/s2 9,78 m/s2

As lúas de Xúpiter.

Hai 400 anos, Galileo dirixiu o seu telescopio rudimentario cara a Xúpiter e observou que estaba acompañado por tres puntiños. Continuou mirando e, catro días máis tarde, descubriu outro. Non podían ser estrelas, porque tiña observado que xiraban ao redor do planeta. Eran satélites e ata entón, non se coñecía ningún outro planeta que os tivera (fóra do noso, claro).

Despois descubríronse 12 lúas máis, todas pequenas, ata completar o total de 16. As naves Voyager estudaron e fotografaron o sistema de Xúpiter en 1979. Despois, en 1996 púxose en marcha un novo proxecto que permitiría observar Xúpiter e as súas lúas durante unha boa tempada. O proxecto, naturalmente, chamouse Galileo.

Ganímedes

É o satélite máis grande de Xúpiter e tamén do Sistema Solar, con 5.262 km. de diámetro, maior que Plutón ou Mercurio. Xira a cerca de 1.070.000 km. do planeta en pouco máis de sete días. Parece que ten un núcleo rochoso, un manto de auga xeada e unha códea de rocha e xelo, con montañas, vales, cráteres e ríos de lava.

Calisto

Ten un diámetro de 4.800 km., case igual que Mercurio, e vira a 1.883.000 km. de Xúpiter, cada 17 días. É o satélite con máis cráteres do Sistema Solar. Está formado, a partes iguais, por rochas e auga xelada. O océano xelado agacha os cráteres. É quen ten a densidade máis baixa dos catro satélites de Galileo.

Ío

Ío ten 3.630 km. de diámetro e xira a 421.000 km. de Xúpiter en pouco máis dun día e medio. A súa órbita vese afectada polo campo magnético de Xúpiter e pola proximidade de Europa e Ganímedes. É rochoso, con moita actividade volcánica. A súa temperatura global é de -143ºC, pero hai unha zona, un lago de lava, con 17ºC.

Europa

Ten 3.138 km. de diámetro. A súa órbita sitúase entre Ío e Ganímedes, a 671.000 km. do planeta. Dá unha volta cada tres días e medio. O aspecto de Europa é o dunha bóla xelada con liñas marcadas sobre a superficie. Probabelmente son fracturas da códea que se volveron a encher de auga e se xelaron.




www.edugaliza.org