|
A Terra |
 |
É o noso planeta e o único habitado. Está na ecosfera, un espacio que rodea ao Sol e que ten as condicións necesarias para que exista vida.
É o máis grande dos planetas rochosos. Iso fai que poida reter unha capa de gases, a atmosfera, que dispersa a luz e absorbe calor. De día evita que a Terra se quente demasiado e, de noite, que arrefeza moito.
Sete de cada dez partes da súa superficie están cubertas de auga. Os mares e océanos tamén axudan a regular a temperatura. A auga que se evapora forma nubes e cae na forma de chuvia ou neve, formando ríos e lagos.
Nos pólos, que reciben pouca enerxía solar, a auga conxélase e forma os casquetes polares. O do sur é máis grande e concentra a maior reserva de auga doce. |
A códea da Terra está formada por placas que flotan sobre o manto, unha camada de materiais quentes e pastosos que, as veces, saen por fendas formando volcáns.
A densidade e a presión aumentan cara o centro da Terra. No núcleo están os materiais máis pesados, os metais. O calor mantenos en estado líquido, con fortes movementos. O núcleo interno é sólido.
As forzas internas teñen efectos no exterior. Os movementos rápidos orixinan terremotos. Os lentos forman pregamentos, como os que formaron as montañas.
O rápido movemento rotatorio e o núcleo metálico xeran un campo magnético que, cabo da atmosfera, protéxenos das radiacións nocivas do Sol e das outras estrelas. |
 |
| Datos sobre a Terra |
Orde |
| Tamaño: radio ecuatorial |
6.378 km. |
5º |
| Distancia media ao Sol |
149.600.000 km. |
3º. |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
23,93 horas |
5º. |
| Ano: órbita ao redor do Sol |
365,256 días |
3º. |
| Temperatura media superficial |
15 º C |
7º. |
| Gravidade superficial no ecuador |
9,78 m/s2 |
5º. |
As estacións do ano |
A órbita da Terra é elíptica: hai momentos no que se encontra máis perto do Sol e outros nos que está máis lonxe. Ademais, o eixe de rotación está un pouco inclinado a respecto do plano da órbita.
Ao cabo do ano parece que o Sol sobe e baixa. O camiño aparente do Sol chámase eclíptica, e pasa sobre o ecuador a principios da primavera e do outono. Estes puntos son os equinoccios. Neles o día e a noite duran o mesmo.
Os puntos da eclíptica máis afastados do ecuador chámanse solsticios, e sinalan o principio do inverno e do verán.
Perto dos solsticios, os raios solares caen máis verticais sobre un dos dous hemisferios e o quentan máis. É o verán. Mentres, o outro hemisferio recibe os raios máis inclinados, teñen que atravesar máis volume de atmosfera enfriándose antes de chegar á Terra. É o inverno. |
 |
Contaminación atmosférica |
 |
Os astronautas volven das súas viaxes cunha nova mentalidade que lles fai sentir máis respecto pola Terra e entender mellor a necesidade de coidala.
Desde o espacio non se ven as fronteiras e, moito menos, os intereses económicos, pero si algúns dos seus devastadores efectos, como a contaminación da atmosfera.
O 85% do ar está cerca da Terra, na troposfera, unha finísima capa de só 15 km. As camadas máis elevadas da atmosfera teñen pouco ar, pero protéxennos dos raios ultravioletas (capa de ozono) e dos meteoritos (ionosfera).
Os gases que botamos á atmosfera deixárona nun estado lamentábel. As fotografías que fixeron os primeiros astronautas son moito máis claras que as actuais, malia que agora temos aparellos máis sofisticados. Os humanos somos quen de destruír en pouco tempo o que á natureza lle custou crear millóns de anos. | | |