|
Venus |
 |
É o segundo planeta do Sistema Solar e o máis semellante á Terra polo seu tamaño, masa, densidade e volume. Os dous formáronse na mesma época e a partir da mesma nebulosa.
Sen embargo, é diferente da Terra. Non ten océanos e a súa densa atmosfera provoca un efecto invernadoiro que eleva a temperatura ata os 480 ºC. É abrasante.
Os primeiros astrónomos pensaban que Venus estaba formado por dous corpos diferentes porque, unhas veces vese un pouco antes de saír o Sol e, outras, xusto no solpor.
Venus vira sobre o seu eixe moi lentamente e no sentido contrario ao dos outros planetas. O Sol sae polo oeste e ponse polo leste. Ademais, o día venusiano dura máis que o ano. |
A superficie de Venus é relativamente nova, entre 300 e 500 millóns de anos. Ten amplísimas chairas, atravesadas por enormes ríos de lava, e algunhas montañas.
Hai moitos volcáns. O 85% do planeta está cuberto por rocha volcánica. A lava creou sucos, algúns moi longos. Hai un de 7.000 km.
Tamén hai cráteres dos impactos dos meteoritos. Só dos grandes, porque os pequenos desfanse na espesa atmosfera.
As fotografías mostran un terreo brillante, como se estivese mollado. Pero Venus non pode ter auga líquida, por mor da elevada temperatura. O brillo é debido á presencia de compostos metálicos. |
 |
| Datos sobre Venus |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
6.052 km. |
6.378 km. |
| Distancia media ao Sol |
108.200.000 km. |
149.600.000 km. |
| Día: período de rotación sobre o eixe |
-243 días |
23,93 horas |
| Ano: órbita ao redor Sol |
224,7 días |
365,256 días |
| Temperatura media superficial |
482 º C |
15 º C |
| Gravidade superficial no ecuador |
8,87 m/s2 |
9,78 m/s2 |
 En marzo de 1982, a nave soviética Venera 13 resistiu durante dúas horas, enviando imaxes como esta. Na parte inferior dereita apréciase unha parte da nave.
| | |