|
Son astros que xiran ó redor do Sol. Non teñen luz propia, senón que reflicten a luz solar.
Os planetas teñen diversos movementos. Os máis importantes son dous: o de rotación e o de translación. Polo de rotación, xiran sobre si mesmos ao redor do eixe. Isto determina a duración do día do planeta. Polo de translación, describen órbitas en círculo ao redor do Sol. Cada órbita é o ano do planeta. Cada un tarda un tempo diferente para completala. Canto máis lonxe, máis tempo. Xiran case no mesmo plano.
Forma e tamaño
Os planetas teñen forma case esférica, como unha pelota un pouco achatada polos pólos.
Os materiais compactos están no núcleo. Os gases, se hai, forman unha atmosfera sobre a superficie. Mercurio, Venus, a Terra, Marte e Plutón son planetas pequenos e rochosos, con densidade alta. Teñen un movemento de rotación lento, poucas lúas (ou ningunha) e forma bastante redonda. Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, os xigantes gasosos, son enormes e lixeiros, feitos de gas e xelo. Xiran apresa e teñen moitos satélites, máis avultamento ecuatorial e aneis.
Formación dos planetas
Os planetas formáronse hai uns 4.500 millóns de anos, ao mesmo tempo que o Sol.
En xeral, os materiais lixeiros que non quedaron no Sol afastáronse máis que os pesados. Na nube de gas e po orixinal, que xiraba en espirais, había zonas máis densas. A gravidade e as colisións levaron máis materia a estas zonas e o movemento rotatorio deulle a súa forma redonda. Despois, os materiais e as forzas de cada planeta fóronse readaptando, e aínda o fan. Os planetas e todo o Sistema Solar continúan cambiando de aspecto. A modo, pero sen pausa. |
Período
| Planetas |
Raio ecuatorial |
Distancia ó Sol (km.) |
Lúas |
de Rotación |
Órbita |
Inclinación do eixe |
Inclinación orbital |
| Mercurio |
2.440 km. |
57.910.000 |
0 |
58,6 dias |
87,97 dias |
0,00 º |
7,00 º |
| Venus |
6.052 km. |
108.200.000 |
0 |
-243 dias |
224,7 dias |
177,36 º |
3,39 º |
| A Terra |
6.378 km. |
149.600.000 |
1 |
23,93 horas |
365,256 dias |
23,45 º |
0,00 º |
| Marte |
3.397 km. |
227.940.000 |
2 |
24,62 horas |
686,98 dias |
25,19 º |
1,85 º |
| Xúpiter |
71.492 km. |
778.330.000 |
16 |
9,84 horas |
11,86 anos |
3,13 º |
1,31 º |
| Saturno |
60.268 km. |
1.429.400.000 |
18 * |
10,23 horas |
29,46 anos |
25,33 º |
2,49 º |
| Urano |
25.559 km. |
2.870.990.000 |
15 |
17,9 horas |
84,01 anos |
97,86 º |
0,77 º |
| Neptuno |
24.746 km. |
4.504.300.000 |
8 |
16,11 horas |
164,8 anos |
28,31 º |
1,77 º |
| Plutón |
1.160 km. |
5.913.520.000 |
1 |
-6,39 días |
248,54 anos |
122,72 º |
17,15 º |
* Algúns astrónomos adxudícanlle 23 satélites. | | |