|
O Sol |
 |
É a estrela máis próxima á Terra e o maior obxecto do Sistema Solar. As estrelas son os únicos corpos do Universo que emiten luz.
O Sol tamén é a nosa principal fonte de enerxía, que se manifesta, sobre todo, en forma de luz e calor.
Contén máis do 99% de toda a materia do Sistema Solar. Exerce unha forte atracción gravitatoria sobre os planetas e fainos virar ao seu redor.
Formouse hai 4.500 millóns de anos e ten combustíbel para 5.000 millóns máis. Despois, comezará a medrar máis e máis, ata se transformar nunha xigante vermella. Finalmente, afundirase pola súa propia masa e converterase nunha anana branca, que pode tardar un trillón de anos en arrefecer. |
Só vemos a capa exterior.Chámase fotosfera e ten unha temperatura duns 6.000 ºC, con zonas máis frías (4.000 ºC) que chamamos manchas solares.
A enerxía solar créase no interior do Sol, onde a temperatura chega aos 15 millóns de graos, cunha presión altísima, que provoca reaccións nucleares. Libéranse protóns (núcleos de hidróxeno), que se fusionan en grupos de catro para formar partículas alfa (núcleos de helio).
Cada partícula alfa pesa menos que os catro protóns xuntos. A diferencia expúlsase en forma de enerxía cara a superficie. Un gramo de materia solar libera tanta enerxía como a combustión de 2,5 millóns de litros de gasolina.
O Sol tamén absorbe materia. É tan grande e ten tal forza de atracción gravitatoria que, con frecuencia, atrae aos asteroides e cometas que pasan próximos. Naturalmente, cando caen ao Sol, desintégranse. |
 |
| Datos sobre o Sol |
A Terra |
| Tamaño: radio ecuatorial |
695.000 km. |
6.378 km. |
| Período de rotación sobre o eixe |
de 25 a 36 días * |
23,93 horas |
| Masa comparada coa Terra |
332.830 |
1 |
| Temperatura media superficial |
6000 º C |
15 º C |
| Gravidade superficial na fotosfera |
27,4 m/s2 |
9,78 m/s2 |
* O período de rotación da superficie do Sol vai desde os 25 días no ecuador ata os 36 días perto dos polos. No interior parece que todo vira cada 27 días. |
|
O Sol (todo o Sistema Solar) vira ao redor do centro da Vía Láctea, a nosa galaxia. Dá unha volta cada 200 millóns de anos. Agora móvese cara a constelación de Hércules a 19 km./s.
Actualmente o Sol estúdase desde satélites, como o Observatorio Heliosférico e Solar (SOHO), dotados de instrumentos que permiten apreciar aspectos que, ata agora, non se podían estudar.
Ademais da observación con telescopios convencionais, utilízanse: o coronógrafo, que analiza a coroa solar, o telescopio ultravioleta extremo, capaz de detectar o campo magnético, e os radiotelescopios, que detectan diversos tipos de radiación imperceptíbeis para o ollo humano.
|
 Detalle dunha mancha solar.
|
 Estrutura do campo magnético.
|
 Emisión de raios X do Sol.
| | |