webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Ciencias
Índice do documento
A ruta
Alternativas
Consellos
Percorrido
Continuación
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
Ruta do Carballal de Coiro
Ruta de sendeirismo polo carballal de Coiro Luis M. Pérez Gónzalez 20/1/2003   
Continuación

panoramica 
Non deixaremos Ermelo sen disfrutar da vista do Mirador da Esculca. Nun día claro, quedaremos abraiados ante a vista, que abarca desde o Cabo Silleiro ata o Cabo Fisterra.


12.-Para seguir a rota voltaremos á fonte. Por pista asfaltada, 200 m., pasada a curva, tomar camiño á dereita. Non é fácil de explicar o camiño por aquí. Hai varios cruces e algúns camiños anegados de auga. Hai que ir subindo e gañando á dereita. Podemos seguir marcas de bicicletas. Chegaremos a unha chan, no alto, sen arborado. Buscaremos unha antena cara ó sur. Ó lado unha cruz de madeira.



13.-Miradoiro da Cruz de Xestoso. Ampla panorámica do Val de Moaña e da Ría de Vigo.Desde aquí comezamos a baixar por unha pista ancha.


14.-"Pouso das Cruces". Área de repouso en que conflúen a R. B. e a R. C. Segue o camiño baixando pola pista ancha.

 
15.-Fonte. Seguimos pista ancha pola dereita. A pouco de aquí, poderemos saír á dereita a un grande penedo: a "Pena de Coiro".


16.-Cruce de tres pistas anchas. Aquí conflúen a R. A. e a R. C. Seguindo a pista que baixa, chegaremos á Área de Espiñeiro: fonte, mesas, repoboación de bosque autóctono. 50 m. máis abaixo, lugar afectado polo proxecto dunha vía rápida.

17.-Na curva anterior a Espiñeiro, nun claro, sae o sendeiro de baixada. Por este e máis abaixo, atoparemos un desvío á esquerda que non tomaremos. Chegamos ó depósito. Desandamos o camiño inicial ata o Igrexario.

  


www.edugaliza.org