webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca

hiparcos
Navegación
Inicio
 Aulas
   Ciencias
Índice do documento
Introdución
Qué é?
Efecto invernadoiro
Kyoto
 Protocolo
A chuvia
As temperaturas
Datos climatolóxicos
Qué podemos facer?
 Consumo
 Enerxía eólica
 Biodiésel-Bioetan...
 Apagón
Prensa
Alarma
Ligazóns
Actividade
Opinión
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
Comentarios
Ver comentarios
 
O CAMBIO CLIMÁTICO, AUGA E PROBLEMAS AMBIENTAIS
Qué está a pasar? Edugaliza 8/2/2007   
Biodiésel-Bioetanol

Frearemos a contaminación escollendo onde repostamos
O biodiésel, obtido a partir de aceites vexetais, respecta o medio ambiente e, ademais, mellora o rendemento do motor do noso vehículo


O PRIMEIRO SURTIDOR ECOLÓXICO DE GALICIA FUNCIONARÁ NA GRELA
Coruña terá os primeiros surtidores de biodiésel de toda Galicia. A Estación de Servizo Bens xa ten preparado o chafariz nO que, a partir de esta semana, os coruñeses que dispoñan de vehículos diésel poderán repostar este combustible que, grazas a os aceites que incorpora, axuda a limpar o motor e a alongar a súa vida útil. Todo polo mesmo prezo que o diésel convencional. Utilizándoo, colaboramos na mellora do medio ambiente xa que, de todas as combustibles do mercado, é o que menos contamina.


O aceite ‘viaxa' da tixola ao depósito
O aceite que se recolle en hostalería e nos puntos limpos trátase para transformalo en materia curmá para obter biodiésel. Así evitamos que acabe no desague e contamine as nosas augas.

Chegamos tarde, pero polo menos chegamos:
Comunidades como Cataluña, Andalucía ou o País Vasco tomaron a dianteira nesta materia. Todas elas levan moito tempo producindo e distribuíndo biodiésel.

Galicia recibiu cinco peticións para plantas
A Xunta recibiu cinco peticións para construír plantas de produción de biodiésel, unha delas en Coruña.

Subsidios para os agricultores galegos
En Medio Rural están estudando conceder, a partir de este ano, subsidios para iniciativas de cooperación entre agricultores, industria de transformación e centros de investigación de biodiésel.

A UE obriga a reducir a dependencia do petróleo
Unha directiva da Unión Europea establece que no 2010 haberá que substituír o 5,75 por cento do consumo de carburantes fósiles por biocarburantes menos daniños.

  


www.edugaliza.org