|
A historia e importancia historica de Arzúa reflíctese nestes edificios, as súas familias e os seus contornos. Damos a coñecer algúns deles.
|
|
|
O Pazo de Sedor
Ubicado na parroquia de Castañeda. É do s.XVII con un gran hórreo do s.XVIII. Está adicado a turismo rural. Ten un xardín novo cunha preciosa fonte. Son de destacar as maceiras e figueira vella que ten no prado. |
 |
O Pazo de Pumar
Situado na parroquia de Castañeda, de propiedade privada.
Na entrada anterior ó pazo aprécianse vellos castaños de indias e cerdeiras. A un lado hai unha carballeira de máis de trescentos anos con carballos non cepados que se levantan ó ceo. |
 |
O Pazo de Brandeso
Na súa capela dátase do ano 1554 e no seu escudo de 1620.Con planta rectangular e restos de antiguas torres.
Actualmente en reconstrucción. Conta na súa entrada con carballos americanos. É importante a cantidade de árbores froiteiras (maceiras e pereiras) que posúe nas terras que o rodean. No patio interior e xardín viven vellos cedros, magnólios, camelias, loureiros...etc |
 |
O Pazo ou Casa Grande de Painza
Casa que data de ¿1763?. O seu xardín é unha maravillosa recolección de especies tanto autóctonas como foráneas.
Conta con dous dos máis vellos eucaliptos de Galicia e unha carballeira de uns trescentos anos na que se atopan, loureiros, castiñeiros e unha sobreira. Son famosos os seus buxos centenarios que forman avenidas e celorios. Ten tamén árbores de xardín como magnolio, camelia, azaleas...etc.
No exterior podemos apreciar pinos roxos. Cerca contemplamos o vello carballo de San Antón. |
 |
A Casa Grande do Curro de Figueroa
Perteneciente ós Irmáns de San Xoan de Dios. Situado en Rendal. Ten unhas antiquísimas oliveiras ó lado. |
|
Outros pazos e casas grandes da comarca son:
- Pazo de Bascuas. Rodeado de un monte con algunha sobreira.
- O pazo do Orxal, edificio voluminoso do s.XVII que ten unha gran cheminea.
- O pazo de Calvos de Sobrecamiño (Fortaleza e castelo do ducado de Gor).
- O pazo de A Riba (Pantiñobre). Abandonado.
- Casa grande de Remesil(Dombodan).
- Casa grande de Fondevila (Pantiñobre).
- Casa grande de O Viso (Sta.María).
- Casa grande de Maroxo.
- E outras.
|