Na comarca de Arzúa apenas existen os soutos ou castiñeiros antigos, como son os conservados nas provincias de Lugo e Ourense. Esa merma foi, tanto por ser atacados polas pestes da tinta e cancro como pola falta de utilidade e aprecio desde hai tempo para os gandeiros e agricultores da zona.
En Xeral, achamos algúns castiñeiros vellos aillados a carón dunha casa, un prado ou unha carballeira.
Existen pequenos soutos con algún castiñeiro centenario, por exemplo, en Burres (escola), San Xusto, Brandeso, Pantiñobre e Dombodan.
Obsérvase, cada vez máis, plantacións novas de castiñeiros aproveitando praderias e terreos frondosos. O incremento da plantación do castaño prodúcese pola súa comercialización fundamentalmente forestal . Aínda son pouco frecuentes.
Algúns exemplos están en case todas as parroquias.