webquest

aulas

sala

obradoiro

biblioteca
Navegación
Inicio
 Aulas
   Ciencias
Índice
Introdución
Árbores históricas
Carballeiras
Soutos e castiñeiros
Piñeirais
Xardíns e pazos
Franxa fluvial
Xeral
Utilidades
Imprimir páxina
Páxina actual en pdf
Todo en pdf
 
Coñece a túa árbore
O estudo da vexetación no concello de ArzúaCEIP de Arzúa 28/1/2003
Árbores históricas

Recóllense, nesta páxina, as árbores históricas e de maior antigüídade do concello.


Piñeiro de Boente

Existen árbores vellas que teñen a súa historia coñecida polos habitantes da comarca.

Un deles é o pino de Boente. Chamado tamén o pino do cura porque pertenece á Igrexa. Salvado da corta cando se fixo a nova carretera que une Lugo con Santiago (N 547). É un piñeiro piñoneiro que na zona chaman pino macho por aproximación a pino manso que é o nome que lle corresponde.

 


Carballo da Portela

Este carballo da parroquia de Castañeda é cantado nunha canción desde antes do tempo da guerra: 'O carballo da Portela ten a folla revirada que lla revirou o aire unha noite de xeada'.


O carballo de San Antón

Carballo de máis de cincocentos anos que según a tradición popular naceu dentro dunha igrexa. Está na parroquia de Viladavil, cerca do pazo de A Paínza.


Eucalipto de A Paínza

O pazo de Viladavil, A Painza, conta con dous grandes eucaliptos que poden ser dos primeiros chegados a Galicia, hai 120 anos.

A roda de eucaliptos de Viladavil (A Cañota) pertencen ó Pazo de A Paínza. Situados nunha pradería, forman unha roda. A lenda popular sinala que os amos do pazo plantaban un eucalipto por cada caseiro que traballaba as suas terras.



www.edugaliza.org