| | Coñece a túa árbore | | | O estudo da vexetación no concello de Arzúa | CEIP de Arzúa 28/1/2003 | Carballeiras
As carballeiras son os bosques formados polos carballo, aquí en Galicia, principalmente quercus robur.
En Arzúa, despois da corta de moitas carballeiras para aproveitar o terreo para a ganderia e agricultura e para explotacións forestais de outras especies como o piñeiro e o eucalipto, quedan algúns núcleos pequenos de carballos.
| Algunhas das carballeiras consérvanse ó carón das igrexas, capelas ou ermidas. Exemplos son a carballeira da Mota, a carballeira de San Pedro de Vilantime e a Carballeira de Fontesanta. |
 Carballeira da Mota
Carballeira que na actualidade serán uns poucos ferrados de terreo, composta tamén por carballo cerqueiro. Extendéndose en avenidas de carballos.Unha das avenidas xunta a aldea de Campo coa Mota. |
Os bosques autóctonos de Galicia son de tipo frondoso de folla caduca. Existen desde uns oito mil anos pero forón desaparecendo por causa das labores agrícolas e gandeiras e por explotacións forestais doutras especies. |
 Carballeira do Viso(Sta.María)
|
Outras carballeiras coñecidas son: carballeira das Barrosas (Arzúa), carballeira de Tavernavella (Burres), carballeira de Fontesanta con unha ermida do s. XVIII e con unha fonte de augas azufradas e ferruxinosas.Tamén, a carballeira de San Xoan de Navas na aldea de Sixto (Pantiñobre) que ten unha ermida e unha fonte de augas que curan as enfermidades da pel.
Na comarca atópanse fragas, bosques de carballos pero con algunhas outras especies e en estado máis ben asilvestrado, por exemplo, a fraga da Sabugueira (Viso-Sta. María de Arzúa).
A maior parte das carballeiras, agás as que se atopan cerca das casas grandes e pazos, son de carballos cepados para o aproveitamento da leña.
|
 Carballeira da praza da feira (Arzúa) | |