| Edugaliza é un sitio web independente sen ningún tipo de apoio financieiro por parte de ningún organismo público nin privado. Edugaliza é único fruto do traballo desinteresado de todos os profisionais galegos do ensino que colaboran na súa elaboración sen recibir ningún tipo de compensación polo mesmo salvo a gratificación moral da utilidade que todo isto poida ter para os compañeiros de profisión. Todos os materiais de edugaliza son propiedade de quen figura como autor en cada un deles ou é referenciado como tal, sendo fruto do equipo de coordenación unicamente a estrutura, deseño ou presentación dos materiais. Todos os materiais de edugaliza son de libre uso a efectos educativos no contexto dos centros de ensino galegos non universitarios. Edugaliza rexeita calquer tipo de responsabilidade polo mal uso que se poida facer dos seus materiais. Isto queda referido sobre todo cos materiais de tipo técnico ou tecnolóxico que se ofrecen como consellos resultantes da experiencia das persoas que aportaron estes coñecimentos ou de fontes abertas e libres da internet. Rexeitamos especialmente calquer responsabilidade polas consecuencias negativas que se puidesen derivar dos mesmos. Intentamos actuar sempre de boa fe e esperamos a mesma boa fe por parte de quen use os nosos materiais. O equipo de edugaliza reúnese cando pode na realidade real con menor frecuencia da desexada por desgracia e quilómetros de distancia, e a diario practicamente no mundo virtual como alternativa ortopédica.  Actualmente compoñemos o equipo de Edugaliza Xose Antón Vicente, Ester Vázquez, Felo Couto, Fran Macías, Luís Teira, Manolo Gesto, Manolo Paz, Manolo Veiga, Sabela Núñez, Suso Lojo e Suso Lorenzo. Vémonos na rede............. |