|
Formas parte do grupo de expertos na vida e obra de María Mariño. Nese grupo está presente un literato, un historiador e un xornalista. Tedes que:
Deseñar unha proposta de exposición de cara a presentala ao museo para a súa aprobación. Debe ser en formato dixital e procederedes á súa exposición oral.
Elaborar a exposición para o museo (podedes pensar en cartulinas para realizar os diferentes paneis, recompilar fragmentos para crear algunha vitrina, zona de lectura...).
A exposición debe cubrir os seguintes apartados:
Contextualización histórica: en que momento viviu María Mariño, que acontecementos sociais, políticos... marcaron a súa vida.
Breve biografía da autora. Pensa que sempre resulta atractivo contar con detalles da infancia e xuventude.
Obras máis importantes, etapas e temáticas na súa obra... É interesante poder ofrecer imaxes das obras.
A proposta da exposición incluirá:
Estrutura.
Contidos que incluirá.
Aspectos materiais: soporte que empregará, espazo, distribución espacial.
|